Responder ao comentário
CELEBRACIÓN DA VII FESTA DO MAGOSTO TOMA CASTAÑAS CON ISABEL RISCO 6
Overbooking no salón-teatro do Centro sociocultural de San Andrés de Boimente para ver o espectáculo de “Nabiza Girl” da televisiva Isabel Risco.
A ACTRIZ ISABEL RISCO NAMOROU AO PÚBLICO ASISTENTE Á VIIª FESTA MAGOSTEIRA DO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS"
A Directiva Fraga das Saímas contou na súa VIIª Edición do Magosto, Toma castañas! coa presencia de Isabel Risco, unha das actrices máis queridas e televisivas da galega e premio “Mestre Mateo” na categoría de mellor actriz de reparto.
O público asistente á festa magosteira do pasado sábado 15 de novembro abarrotou o salón-teatro do Centro Sociocultural de San Andrés onde a actriz coruñesa, logo do acto de benvida da presidenta do colectivo organizador, contou sen tregua nin descanso a historia de Chelo García Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl, unha superheroína galega e rural que narra as súas aventuras e desventuras. Unha actuación brillante á de Isabel Risco que fixo as delicias do público coa súa inventiva e o seu humor do país. Rematado este trepidante espectáculo o público tivo ocasión de fotografarse coa humorista que se prestou en todo momento para facerse o fotocol de rigor coas súas admiradoras/ es.
E para repoñer as enerxías dos case un cento de asistentes ao magosto veciñal, membros da Directiva e socias voluntarias do colectivo “Fraga das Saímas” servíronlles a tod@s os convidad@s castañas asadas, lacóns, chourizos, bebidas, postres e café.
Esta noite magosteira e de troula tamén contou coa presenza do dúo máis querido polas socias e veciños da parroquia, o Dúo Suso, que fixo coa súa música que nesta noite de festa e parranda o público se entregara á maravillosa arte de bailar ata pasadas a 1.30 horas da madrugada.
A Directiva da Fraga das Saímas agradece a asistencia das súas sócias, familiares, veciños e amigos do colectivo ao Magosto-2014 e anímaos a participar con igual entrega na campaña contra a violencia machista que vai poñer en marcha o colectivo feminino a semana do 25N.
»
- do blogue de Fragadassaimas
- Adicionar novo comentário
- 12201 leituras
Responder
Iniciar sessão
RuraisLAB Português
RuraisLAB é um laboratório virtual centrado nas pessoas para a inovação social no médio rural, baseado nas necessidades e visão da mulher.
Archivo
- Julho 2015 (1)
- Junho 2015 (3)
- Abril 2015 (1)
- Março 2015 (2)
- Dezembro 2014 (6)
- Outubro 2014 (1)
- Setembro 2014 (4)
- Julho 2014 (4)
- Junho 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- next ›
- última »