Responder ó comentario

01 Decembro 2014

CELEBRACIÓN DA VII FESTA DO MAGOSTO TOMA CASTAÑAS CON ISABEL RISCO 6  

Overbooking no salón-teatro do Centro sociocultural de San Andrés de Boimente para ver o espectáculo de “Nabiza Girl” da televisiva Isabel Risco.
 
A ACTRIZ ISABEL RISCO NAMOROU AO PÚBLICO ASISTENTE Á VIIª  FESTA  MAGOSTEIRA  DO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS"
 
 A Directiva Fraga das Saímas contou na súa VIIª Edición do Magosto, Toma castañas! coa presencia de Isabel Risco, unha das actrices máis queridas e televisivas da galega e premio “Mestre Mateo” na categoría de mellor actriz de reparto. 
 
O público asistente á festa magosteira do pasado sábado 15 de novembro  abarrotou o salón-teatro do Centro Sociocultural de San Andrés onde a actriz coruñesa, logo do acto de benvida da presidenta do colectivo organizador, contou sen tregua nin descanso a historia de Chelo García Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl, unha superheroína galega e rural que narra as súas aventuras e desventuras. Unha actuación brillante á de Isabel Risco que fixo as delicias do público coa súa inventiva e o seu humor do país. Rematado este trepidante espectáculo o público tivo ocasión de fotografarse coa humorista que se prestou en todo momento para facerse o fotocol de rigor coas súas admiradoras/ es.
 
E para repoñer as enerxías dos case un cento de asistentes ao magosto veciñal,  membros da Directiva e socias voluntarias do colectivo “Fraga das Saímas” servíronlles a tod@s os convidad@s castañas asadas, lacóns, chourizos, bebidas, postres e café.

 

Esta noite magosteira e de troula tamén contou coa presenza do dúo máis querido polas socias e veciños da parroquia, o Dúo Suso, que fixo coa súa música que nesta noite de festa e parranda o público se entregara á maravillosa arte de bailar ata pasadas a 1.30 horas da madrugada.


A Directiva da Fraga das Saímas agradece a asistencia das súas sócias, familiares, veciños e amigos do colectivo ao Magosto-2014 e anímaos a participar con igual entrega na campaña contra a violencia machista que vai poñer en marcha o colectivo feminino a semana do 25N.

Responder

Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.
To prevent automated spam submissions leave this field empty.

Síganos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Iniciar sesión

RuraisLAB Galego

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Axenda Dixital Europea 20202

Axenda Dixital Europea