Responder ó comentario

17 Xuño 2010

A historia de "Os Rosais" +  

Para que nos coñezades un pouco máis decidimos contarvos un pouco da nosa historia, quenes somos e de onde vimos...

Fai máis de 25 anos que comenzou a nosa andaina, aquilo que comezou de xeito casual mentres un grupo de amigas esperaban polos fillos á saída das actividades extraescolares é hoxe unha asociación con más de 500 persoas asociadas.

No 1984 construir unha asociación e levala adiante non era sinxelo, por iso nos servimos do apoio e a experiencia dunha asociación maior xa constituida como era a Asociación de Consumidores e de Amas de Casa Rías Baixas da que formamos parte ata o 2004.

Comenzamos con 80 socias, do Porriño e Mos, e as actividades realizábanse polas tardes para non interromper a rutina cotiá da casa e o coidado dos seus.

Durante todos estes anos ademáis de crecer en número de socios conseguimos un local máis amplo onde levar a cabo as nosas actividades, pero non so nos adicamos a ocupar o noso tempo libre con manualidades e demáis, tamén loitamos polos nosos dereitos como Consumidoras, traballamos en colaboración moi estreita coa oficina Municipal de Información ó Consumidor e loitamos a reo para solucionar os problemas que nos afectan como consumidoras.

Pouco a pouco falarémosvos do que facemos e un pouco máis de quenes somos...

Responder

Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.
To prevent automated spam submissions leave this field empty.

Síganos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Iniciar sesión

RuraisLAB Galego

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Axenda Dixital Europea 20202

Axenda Dixital Europea