Reply to comment

07 July 2010

CLUBE DE LECTURA 1  

Efectivamente, chegamos ao final de curso, que non ao final da existencia do club de lectura de FEMURO. E facemos balance que, por suposto, é tremendamente positivo.
Como quen non quere a cousa ao longo do curso fomos lendo e comentando libros que nos aportaron novas historias, fantasías e realidades que pasan á nosa memoria e nos enriquecen.
Pero a aventura de ler non queda só en novas experiencias particulares; O club de lectura serviunos para xuntarnos, para crear lazos, para opinar, descubrir diferentes puntos de vista, discutir, aportar experiencias que viñeron á nosa mente a través das historias lidas nos libros.
Unha vez cada mes xuntámonos para compartir algo que todas temos en común: o gusto pola lectura, o pracer de ler, pero tamén o gusto de vernos, de recitar marabillosa mente poemas de Rosalía de Castro, de ver unha película, de avanzar nos afectos.
Foron moitos os libros que nos axudaron a pasar bos momentos e que nos serviron como pretexto para xuntarnos e falar.
O neno con pixama de raias, Cometas en el cielo, Memorias dun neno labrego, Follas Novas, Cartas de Inverno, Mil soles expléndidos, O lapis do carpinteiro, A perla, El guardián entre el centeno, El beso del Sahara… libros moi diferentes que nos ofreceron temas relacionados con distintas realidades: a problemática da muller afgana, os horrores da guerra, a vida doutras épocas no noso país coas que moitas nos identificamos, e moitos temas máis.
Grazas a todas, por participar nesta aventura, por aportar as vosas experiencias, por darme o voso cariño. Grazas por estar aí e por querer seguir compartindo comigo o entusiasmo pola lectura.
Despedímonos cun pouco de tristeza, pero coa alegría de que en setembro nos volveremos xuntar para retomar a actividade do club e vivir novas historias e compartilas.
Bo verán a todas e felices lecturas a todas.
 

Reply

Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.
To prevent automated spam submissions leave this field empty.

Follow us...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

User login

RuraisLAB English

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

European Digital Agenda 2020

European Digital Agenda