ENTROIDO 2011 "FRAGA DAS SAÍMAS"
by Fragadassaimas on Qua, 23/02/2011 - 13:56
ÁBRESE O PRAZO ÁS SOCIAS, VECIÑAS E CONVIDADOS PARA ANOTARSE E PARTICIPAR NO Iº BAILE DE FARRAPULGAS ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN "FRAGA DAS SAÍMAS"
A Directiva, ao obxecto de organizar o Iº Baile de Farrapulgas con motivo da celebración do ENTROIDO-2011, abre o prazo para anotarse ás socias, veciños e convidados das socias da Fraga das Saímas. Comunícase a todas e todos os interesados en participar nesta GRAN FESTA VECIÑAL que o único requisito IMPRESCINDIBLE para poder asistir a este BAILE POPULAR é que hai que ir disfrazada/o dalgún maneira. OLLO!... NON VALE O DISFRACE DE TODO O ANO!! hai que cambiar de traxe, aínda que só sexa por unha vez no ano.
Este Gran Baile, que non só vai dar que falar a nenos e maiores, terá lugar no Centro Socio-Cultural o domingo, 6 de marzo, de 18.00 horas da tarde ata as 22.00 horas.
Haberá dous premios sorpresa para o disfrace máis orixinal e para o disfrace máis divertido.
Entre peza e peza tamén poderedes degustar as roscas, fereixós, orellas de frade...elaboradas polas socias voluntarias - voluntariosas.
Por último, dicirvos que a data para anotarse remata o 1 DE MARZO, así que xa sabedes se sodes divertidas, atrevidas, amantes da vida e queredes pasar unha tarde alegre e cargada de emocións, DISFRÁZATE DE FARRAPULGAS E ÚNETE A NÓS!
Vémonos no Baile das Farrapulgas! Ata entón, goza do que nos da a vida e das/os amigas/os.
»
- do blogue de Fragadassaimas
- Adicionar novo comentário
- 13094 leituras
Iniciar sessão
RuraisLAB Português
RuraisLAB é um laboratório virtual centrado nas pessoas para a inovação social no médio rural, baseado nas necessidades e visão da mulher.
Archivo
- Março 2021 (1)
- Dezembro 2020 (3)
- Julho 2020 (2)
- Março 2020 (4)
- Fevereiro 2020 (3)
- Dezembro 2019 (1)
- Outubro 2019 (2)
- Agosto 2019 (2)
- Julho 2019 (1)
- Junho 2019 (2)
Me parece una idea estupenda lo del concurso pero me gustaria mejor que se hicieran comparsas de grupos y que tambien participasen en el concurso.