Responder ao comentário
CELEBRACIÓN DE XORNADAS MICOLÓXICAS E GASTRONÓMICAS DE COGOMELOS-2014 1
UNHA VEINTENA DE AMANTES DO MUNDO DA MICOLOXÍA PARTICIPARON NA IIª EDICIÓN DAS XORNADAS MICOLÓXICAS E GASTRONÓMICAS DE COGOMELOS ORGANIZADAS POLO COLECTIVO DE MULLERES FRAGA DAS SAÍMAS
As xornadas, que se celebraron durante todo o día do sábado 25 de outubro, deron comezo ás 10.00 horas no Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente, onde se citaron alum@s e técnicos. Logo de dar, por parte da secretaria do colectivo organizador, a benvida a tod@s e entregarlles as bases do concurso de cestas e composición de
setas, ao cal se sumaron máis de dez participantes, a Micóloga e Licenciada en Ciencias Ambientais (Rita Cid) impartiu unha charla onde deu unhas nocións básicas sobre algunhas das 165 diferentes especies de cogomelos e champiñóns existentes en Galicia. Durante a mesma @s asistentes aproveitaron para resolver dúbidas e facerlle todo tipo de consultas. Ao remate desta charla-debate a Presidenta da asociación procedeu a sortear entre @s asistentes un exemplar da Guía Micolóxica dos ecosistemas galegos, recaendo nas mans da afortunada Merche, socia do colectivo Fraga das Saímas.
Rematada a charla o grupo partiu cara aos montes do Buio e Lerín para poñer en práctica o aprendido e coñecer de primeira man a riqueza micolóxica e valor ambiental dos montes veciñais en man común de Santo André de Boimente.
Por último, cabe resaltar que a Directiva Fraga das Saímas celebra sempre a visita aos montes do Buio de todas as persoas amantes do mundo da micoloxía, posto que saben que son respetuosas coa natureza e o patrimonio veciñal, mais expresan o seu profundo rexeitamento á entrada masiva, que vimos constatando nos últimos anos, de persoas alleas á comunidade veciñal cuxo único fin seu é a recollida incontrolada de cogomelos, esquilmando os recursos naturais do monte e coa consecuente perda dunha fonte de riqueza extraordinariamente importante para os nosos ecosistemas.
- do blogue de Fragadassaimas
- Adicionar novo comentário
- 13637 leituras
Responder
Iniciar sessão
RuraisLAB Português
RuraisLAB é um laboratório virtual centrado nas pessoas para a inovação social no médio rural, baseado nas necessidades e visão da mulher.
Archivo
- Março 2021 (1)
- Dezembro 2020 (3)
- Julho 2020 (2)
- Março 2020 (4)
- Fevereiro 2020 (3)
- Dezembro 2019 (1)
- Outubro 2019 (2)
- Agosto 2019 (2)
- Julho 2019 (1)
- Junho 2019 (2)