Responder ao comentário
CURSO DE INICIACIÓN Á PODA 12
CURSO DE INICIACIÓN Á PODA ORGANIZADO POR ESPAZO AGROECOLÓXICO ESTRUGA
O espazo agroecolóxico ESTRUGA ven de organizar por terceiro ano consecutivo un Curso de Iniciación á Poda.
Este curso, que se impartiu o sábado 18 de xaneiro, deu comezo ás 9.30 horas. Durante dúas horas as dezaoito persoas asistentes aprenderon de maneira moi didáctica e sinxela que tipos de poda existen, que época é a mellor para lévala a cabo, os tipos de útiles de poda e o seu mantemento, tendo ocasión tamén de facer todo tipo de consultas e plantexar as súas dúbidas ao monitor deste curso, o enxeñeiro agrónomo de Viveiros Daplanta, que aproveitou para darles algúns consellos prácticos moi útiles e algún que outra “receita caseira” para o coidado das árbores froiteiras.
Logo dunha pausa café as/os alumnas/os visitaron a finca de Adelina Lorenzo, vogal da Directiva Fraga das Saímas, e do noso veciño Manolo da Lama que moi amablemente puxeron as súas froiteiras a disposición de Estruga e seu monitor para que puideran explicarar sobre terreo como se debe facer a poda de árbores froiteiras como maciñeiras, pereiras, moreiras, figueiras, cerolleiros, claudieiras, laranxeiras, limoeiros, caquis, nísperos, entre outras. Esta visita, na que o monitor do curso aproveitou para dar tamén unhas referencia básicas sobre algunhas técnicas de enxerto nas diferentes variedades de froiteiras, rematou pasadas as 14.00 horas
- do blogue de Fragadassaimas
- Adicionar novo comentário
- 9054 leituras
Responder
Iniciar sessão
RuraisLAB Português
RuraisLAB é um laboratório virtual centrado nas pessoas para a inovação social no médio rural, baseado nas necessidades e visão da mulher.
Archivo
- Março 2021 (1)
- Dezembro 2020 (3)
- Julho 2020 (2)
- Março 2020 (4)
- Fevereiro 2020 (3)
- Dezembro 2019 (1)
- Outubro 2019 (2)
- Agosto 2019 (2)
- Julho 2019 (1)
- Junho 2019 (2)