RSS

entrenos

06 Junho 2011

viaje a sevilla 4  

2092
excursion sevilla plaza de españa
2078
sevilla catedral
ARRIBA A PLAZA DE ESPAÑA, ESTAMOS SENTADAS NO BANCO DA PROVINCIA DE OURENSE.

A CATEDRAL DE SEVILLA. PEGADA A ELA ESTA A FAMOSA GIRALDA.

04 Maio 2011

Presentamos Entre Nós 1  

ENTRE NÓS foi fundada e rexistrada o 22 de xaneiro do 1998.

Actualmente conta con tan só 80 socias,todas elas do concello de Vilardevós.

As actividades que realizan todo o ano son:

TEARES:contan con un taller provisto de 4 tearese neles confeccionan prendas,a maior parte de liño que posteriormente venden.

MÚSICA:este ano dan pandereta e gaita.

XIMNASIA.

A parte realizase 1 excursión o ano.Este ano en concreto vanse a Sevilla pero xa teñen recorrido bastante,Cantabria,Toledo,Extremadura,etc.

Organizan tamén concursos de contos en galego, charlas informativas como foi a que impartiu a xerente do CHOU de Ourense,Eloina Nuñez sobre a Saude da Muller e outras innumerables actividades de manualidades variopintas como corte e confección,encaixes de camariñas,pintura na tea,cestería...

Tamén é importante a organización que fan para as festas do Corpus na que se elaboran unhas bonitas alfombras florais.

E, como non, tamén se organiza e se vive o XOVES DE COMADRES,sen necesidade de baixar o val de Monterrei. Resaltar que a maioria dos cursos se fan coas axudas da Xunta e máis as da deputación de Ourense. Contamos tamén coa axuda do concello que nos cedeu 4 aulas do colexio para realizar as actividades,correndo él cós gastos de luz,auga e mantemento das mesmas.