RSS

conectadasomundo

13 Outubro 2010

Día da Muller Rural (Sarreaus) 2  

04 Outubro 2010

DIA DA MULLER RURAL +  

Artg. de prensa da REGION (pinchar imaxe)

30 Setembro 2010

En recordo +  

Alguen emigrante, fixo un video que colgou en youtube, que seguro que vos gusta.
Unha muller que marchou, que cantou en lingua galega; que forma parte das nosas vidas, polas súas cancions. Que nos ten acompañado en festas, verbenas, excursions a distintas xeneracions
( avóas, nais, fillas e incluso netas,cantarón e cantaran as cancions que ela fixo coñecidas).
 

24 Setembro 2010

COMPETENCIAS CLAVE +  

A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) vai a levar a cabo un Programa Formativo-Preparatorio para a obtención de Competencias Clave de nivel 2

O Programa se desenvolvera en Carballiño entre os días 1 de outubro e 9 de decembro.

Dada a loita que a Federación ven mantendo na busca da Inclusión social de todos os sectores desfavorecidos, xurde a iniciativa para lograr unha mellor cualificación profesional de mulleres,homes, persoas en situación de inmigrantes......
A formación ven motivada polos requisitos formativos necesarios para a obtención de COMPETENCIAS CLAVE. As devanditas son precisas para obter os novos certificados de profesionalidade, con eles se demostra que se posúe os coñecementos para a obtención dos mesmos.
Para a obtención dos certificados de profesionalidade e preciso estar en posesión do Titulo da ESO para os certificados de Nivel 2, do Titulo de Bachiller para os certificados de nivel 3, ou ben pasar polas probas anteriormente exposta correspondentes a cada certificado o que se quere acceder.
Neste caso o programa formativo vai adaptado os contidos de nivel 2 nas competencias clave de:
Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemática e Tecnoloxía.
O programa forma parte do II Plan de Inclusión Social e está subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

23 Setembro 2010

DEBEMOS COMEZAR +  

Para toda/os as/os que gustades da lectura, o video de youtube, que nos recorda que debemos comenzar a andaina do novo curso. Dende FEMURO queremos animarvos cun outono cheo de vos libros e mellores letras.

 

 

21 Setembro 2010

UN DEFENSOR DO RURAL 1  

Seguro que a moitas/os vos sona a himno. Un home que defendeu o rural

15 Setembro 2010

Xacobeo 2010 +  

Xacobeo 2010

10 Setembro 2010

Aberto prazo de inscripción 10  

Apertura do prazo de inscricion para os cursos de alfabetización dixital (2010/2011) de rapaces con anos comprendidos entre os 6 e 13. Para maior información acercarse o Punto de encontro/aula Conectad@s ou ben no teléfono do mesmo en Rúa Castelao nº15.

02 Setembro 2010

Cantigas 1  

Naiciñas casade as fillas,
mentres ten bo parecer
pois non son herbas do prado
que vallan ao envellecer.

Terche pouco non convén,
tampoudo convén ter moito,
pero compre por eso ter:
seica moito, seica pouco.

Botas túas contas na casa.
Non as leves ao concello
que uns han de decir branco
outros han de decir negro.

Un contro decirche quero:
é que si a América vas
traerás bon que decir
pero pouco que contar.

Os ollos dinme que chore,
o corazón de que non,
eu non sei xa a quen dar creto,
olliños ou corazón.

04 Agosto 2010

FOTOS DO VII FORO DA IGUALDADE 1  

Amigas:
Sabemos que é con retraso, pero, como solicitaste e "o prometido é debeda", tedes algunhas das fotos a maiores do VII FORO DE IGUALDADE desenvolto neste ano (2010).
 

CLICKAR PARA VER FOTOS

04 Agosto 2010

REMATE DO CURSO DE VERAN 5  


Nesta semana rematamos a formación de verán, na que aprendemos o manexo de internet, a atender o noso correo, a empregar un Pen-driver....... ¡no que nos temos rido un pouco....e compartido moito!.
Bo verán amigas/os


 

25 Julho 2010

Pandereitada en LAZA 1  

A Federación de Mulleres Rurais de Ourese (FEMURO), celebrou unha fía na noite do sábado en Laza. A suma de todas as asociación que nestes intres deselvolven actividades de aprendizaxe de pandeireta e canto, puxerón a vista do público asistente, a boas mañas das nosas compañeiras.
Nesta noite contarón tamén coa participación do grupo "Piconas do Irixo", como mostra do bo facer da comarca de Carballiño que se sumaba deste modo o encontro.

20 Julho 2010

O Rato da Ludoteca 2  

O ratiño da nosa Ludoteca, foi unha das actividades que fixemos para traballar e divertirnos, os venres do mes de xullo.
O vindeiro día 30 rematamos a lectura, os xogos e actividades.....¡vemonos!.

Grazas a todos/as por confiar en FEMURO e compartir con nos un espazo do voso tempo.

02 Julho 2010

Recomendación para o verán 4  

78
MADE IN GALIZA
(Sechú Sende)

Recomendo que o leades na praia, ou nun ratiño tranquilos baixo a nogueira. É sinxelo de ler, un chisco rebelde, moi creativo e tamén chega a emocionar.....(¡o dito, indicado para o veran!, o resto do tempo adicadeo a descansar e folgar).

2.7
Your rating: None Nota media: 2.7 (10 votes)

28 Junho 2010

Visita a Lisboa +  

Visita as bodegas CALEM en Oporto.
Foto das nosas compañeiras que no mes de maio realizarón a visita cultural o pais veciño.