RSS

Blogues

07 Março 2012

VIAXE A MADRID E MÁIS CURSOS EN VAL DA LOURIÑA 2  

VIAXE A MADRID, ARANJUEZ E TOLEDO

Data: 20 a 22 de abril

Visitaremos a cidade de Madrid, Alcalá de Henares, Toledo e Aranjuez. O día 17 de marzo, no noso local, anotaremos ás persoas interesadas nesta viaxe.

CURSO DE PATCHWORK

Curso de 20 horas, subvencionado polo concello, que comezará no mes de abril, no noso local.

 Prezo: 20€

CURSO DE INFORMÁTICA: INTERNET E CORREO ELECTRÓNICO

Curso de 30 horas subvencionado pola deputación, que tamén comezará en abril, no noso local. 

O prezo é de 6€.

03 Março 2012

NOVAS ACTIVIDADES EN VAL DA LOURIÑA EN MARZO 5  

XORNADA GASTRONÓMICA: A COCIÑA VEXETARIANA

Data: sábado 10 de marzo    Hora: 17h    Lugar: Local da asociación

 DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Data: domingo 11 de marzo         Hora: 18h       Lugar: Local veciñal O Piñeiro

Acto de recoñecemento ás mulleres emigrantes, representadas por dúas mulleres do noso concello: Norma Pedreda e Antonia Giráldez. Contaremos coa actuación de Marta Quintana e o grupo "Amieiro" da asociación Chan do Bosque.

CURSO DE DANZA ORIENTAL

Data: xoves 8 de marzo    Hora: 20.30h a 21.45h   Lugar: Local da  asociación

 

23 Fevereiro 2012

Enterro da Lamprea +  

Dende a Asociación das Mulleres Rurais "TEMPO GAÑADO", queremos convidar a todas as sócias e non sócias/os, a asistir ó "ENTERRO DA LAMPREA", que se celebrará o próximo sábado (25/02/12), en Salvaterra de Miño.

Prégase que as pessoas que veñan, o fagan de riguroso loito.

2947
2945

21 Fevereiro 2012

CARNAVALES LEIRADO SALVATERRA 2012 "TEMPO GAÑADO" 4  

2911
2913
2915
2917
2903
2905
2907
2909
As mulleres de tempo gañado participaron no desfile de carrozas de leirado.A carroza dos pitufeiros.

17 Fevereiro 2012

ANIMACIÓN A LECTURA 3  

 

VOLTEMOS A LER
 
¡Que nos esquecemos!, vamos a recomendarvos un libro e despois xa sabedes: ¡quedamos para comentar!


El JUEGO DEL ANGEL
Autor: Carlos Ruiz Zafón

Argumento:
Na turbulenta Barcelona dos años 20 un xoven escritor obsesionado cun amor imposible recibe unha oferta dun misterioso editor para escribir un libro, a cambio dunha fortuna e, tal vez, moito mais..........

17 Fevereiro 2012

REMATE DO CURSO DE XABÓNS "SAN MARTÍN DE ESPIÑOSO" 4  

 

REMATE do I Curso de Xabóns
 
Remate da formación do Curso de Xabóns Naturais e Terapéuticos. na Asoc. de Mulleres Rurais San Martín de Espiñoso.
Para peche do mesmo, ademais da clase remate co xabón de chocolate e menta, se fixo a entrega de diplomas as amigas que participaron durante estes tres meses no curso, logrando manter a participación, socialización, convivencia e un espazo de actividade para todas as compañeiras. 
En nome de FEMURO. ¡grazas pola vosa acollida!.

17 Fevereiro 2012

CURSOS DE GALEGO 1  

 

CELGA
 
A Aula Conectad@s ó Mundo (FEMURO), ten solicitado o curso formativo para o CELGA IV. No que previamente se inscribirán 28 persoas e que de forma posterior a Concelleria de educación do Concello do Carballiño aumentou o listado en 8 persoas mais. 
A espera da resolución, xa vos daremos a información pertinente.

17 Fevereiro 2012

CURSO DE XABÓNS NATURAIS 6  

 

Cursos de Xabóns naturais e terapéuticos en San Martín de Espiñoso
 
O pasado luns a alcaldesa de Cartelle (Carmen Leyte) realizou unha visita á Asociación de Mulleres Rurais "San Martín de Espiñoso" pertecente a FEMURO, durante o seu curso de Xabóns naturais, que imparte a devandita federación.

17 Fevereiro 2012

CURSO DE XABÓNS NATURAIS 2  

 

Xabóns naturais, balsamos labiais
 
Curso de Xabóns naturais e terapeuticos.
Balsamos labiais.
Preparación de xabóns con aceites reciclados, para lavadora.


As asociacións de Mulleres da Comarca de Carballiño seguen a participar nas formacions dos cursos que dende a aula Conectad@s ó Mundo-FEMURO se estan a impartir.
Socialización, amizade, aprendizaxe.

17 Fevereiro 2012

CANTIGAS RECOLLIDA NO LIBRO "RECORDOS NO TEMPO" 3  

 

CANTIGAS
 
CANTIGAS
(Recollidas na Asoc. Novas Vivenzas)

A vida do carreteiro,
non hai vida como ela,
a semás no camiño
o domingo na taberna.


O ferreiro foi á misa
non soubo decir o credo,
cando tocaron a santos
acordóuselle o martelo.

Canteiros e carpinteiros,
da Vila de Pontevedra
aquí falta unha rapaza,
tendes que dr conta dela.

Un cesteiro anda tras min
eu fuxindo do cesteiro,
ando co feixe das varas
e por non tentar ao demo.

Mariquiña tecedeira
namorada dun galán,
ten un pé na prendedeira
e a lanzadeira na man

17 Fevereiro 2012

CURSO DE RELAXACIÓN MÚSICOTERAPIA +  

 

Relaxate coa Música
 
Actividade que da comezó o día 16 se xaneiro, na asociación de Mulleres Rurais "A Revolta".

Emprego de técnicas para a mellora:

Mellora da Respiración.
Mellora da concentración.
Mellora da Relaxación........



Impartido por persoal cualificado e colexiado.
Subvención do Secretaria Xeral de Igualdade
Organizado por FEMURO

17 Fevereiro 2012

CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL +  

 

COMENZO CURSOS DE ALFABETIZACIÓN
 
Damos comezo na Aula Conectad@s ó Mundo de FEMURO, os novos cursos de alfabetización dixital do ano 2012.
CURSOS
• Introdución.
• Iniciación o Word.
• Word Avanzado.
• Excel.
• Power Point, Publisher.....
• Introdución a redes sociais (Facebook, Tuenti, Twiter…)
• Emprego de Messenger…

Horarios de maña e tarde.
Información: Punto de encontro . Tlf: 988/272668

17 Fevereiro 2012

Música +  

  A asociación "A Madanela", preparou panxoliñas para este pasado Nadal e cantigas de Reis, unha actividade que non se levaba a cabo na asociación, nin tampouco a nivel parroquial, e na que a asociación de Mulleres abriu o ámbito de participación e os compañeiros tamén entonaron as cantigas.

2883
Ensaio de Música "A Madanela"

 

17 Fevereiro 2012

LUDOTECA DE NADAL +  

07 Fevereiro 2012

X Cena De Tempo Gañado 1  

2881

Siga-nos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Iniciar sessão

RuraisLAB Português

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB é um laboratório virtual centrado nas pessoas para a inovação social no médio rural, baseado nas necessidades e visão da mulher.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europeia 20202

Agenda Digital Europeia