PRAZAS POLA SOLIDARIEDADE
by Fragadassaimas on Ven, 10/12/2010 - 10:41
O fomento da autoestima e a concienciación da propia muller, a través de accións formativas, unha fórmula para loitar contra a violencia de xénero.
“FRAGA DAS SAÍMAS” SUBVENCIONARÁ CINCO PRAZAS PARA ASISTIR AO CURSO DE ANIMACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA, QUE SE ESTÁ A IMPARTIR NO SEU CENTRO SOCIO-CULTURAL, DESTINADAS A MULLERES VECIÑAS DE VIVEIRO.
O Centro Socio-Cultural de San Andrés acolleu, o xoves 25 de novembro, ás alumnas e socias da Fraga das Saímas que quixeron adicar parte da tarde en recordar ás mulleres vítimas da violencia machista realizando unha concentración solidaria, durante a cal se repartiron libretas entre as presentes e lazos de cor lila en sinal do rexeitamento da violencia contra as mulleres.
Outra das iniciativas que acordou a Directiva da Asociación “Fraga das Saímas”, con motivo da celebración dos actos conmemorativos Día Internacional en contra da Violência de xénero, é subvencionar ao 50% o custo de 5 prazas do curso de animación cultural e deportiva que se imparte no seu Centro Socio-Cultural os martes e xoves de cada semana, co obxecto de ofrecerlles a posibilidade de asistir a esta actividade formativa a aquelas mulleres, que non pertencen á asociación MMRR Fraga das Saímas, que sexan veciñas de calquera das parroquias do concello de Viveiro.
As mulleres interesadas en participar nesta acción formativa poderán poñerse en contacto nos vindeiros días coa presidenta da asociación no telefono 669 25 09 48
O prazo para incorporarse a este curso rematará ao cubrirse as 5 prazas que estarán subvencionadas ao 50% durante un período máximo de 3 meses.
Con estas iniciativas a asociación, que está a servir de instrumento para darlle voz a muller da súa comunidade veciñal, quere convertir o centro socio-cultural de San Andrés de Boimente nun verdadeiro espazo de encontro para as mulleres, tanto socias como veciñas do concello de Viveiro, onde a través de cursos como o de animación cultural e deportiva podan compartir tempo, espazo e vivencias, lles sirva para concienciarse da importância do seu papel na sociedade e no mercado laboral, non só como amas de crianza ou amas de casa, así como impulsar o fomento da autoestima de todas as mulleres que se acheguen a este Centro.
»
- blogue de Fragadassaimas
- Engadir novo comentario.
- 8054 lecturas
Enviado por Anonymous o Sáb, 13/01/2018 - 15:15. #
Bitcoin Handel – Anleitung mit 24option – JetztGewinnenOnline.com
http://jetztgewinnenonline.com/bitcoin-handel-anleitung-mit-24option/ - Click here>>>
- blogue de
- responder
Enviado por Anonymous o Sáb, 13/01/2018 - 15:15. #
Bitcoin Handel – Anleitung mit 24option – JetztGewinnenOnline.com
http://jetztgewinnenonline.com/bitcoin-handel-anleitung-mit-24option/ - Click here>>>
- blogue de
- responder
Iniciar sesión
RuraisLAB Galego
RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.
Archivo
- Marzo 2021 (1)
- Decembro 2020 (3)
- Xullo 2020 (2)
- Marzo 2020 (4)
- Febreiro 2020 (3)
- Decembro 2019 (1)
- Outubro 2019 (2)
- Agosto 2019 (2)
- Xullo 2019 (1)
- Xuño 2019 (2)