valdalourinha
Nadal na asociación Valdalouriña 5
Durante o Nadal hai actividades que continúan e outras que se suspenden ata o novo ano. Este ano volveremos a escenificar o Belén vivente na Cabalgata que organiza o Concello de Mos.Dentro das actividades do Nadal encadramos a visita que fixemos o pasado sábado 19 ao centro de acollida dos Irmáns misioneiros dos pobres en Teis. Incluímos algunhas imaxes da visita.
- 5 comentarios
- 11556 lecturas
Uhna tarde de pintura e manualidades en Mos... 5
Arredor de 20 socias acoden cada venres, de 16h a 20h, ás clases de pintura e manualidades, en dúas tandas de 2 horas cada unha. Entre as técnicas que aprendemos están a pintura en óleo, acrílico, en tela, vidro, etc; decoración de obxetos variados; barnizado e pintura en madeira... Despois de dúas décadas con Josefa como monitora, este ano contamos con Carmen. Durante o Nadal non haberá clases, pois os venres coinciden este ano con días de festa (Nadal e ano novo)
Contacta con nós en:
Contacta con nós en
- 5 comentarios
- 16725 lecturas
A asociación Valdalouriña visitará o Centro dos Irmáns misioneiros dos pobres en Vigo 4
Dentro da súa faceta social, a asociación realiza visitas cada ano a centros de acollida, asilos, así como un rastrillo benéfico para recadar fondos para distintas asociacións como "Síndrome de Down", contra o cancro, contra os malos tratos, ou para diminuídos físicos e síquicos. Esta será a segunda visita que realizaremos este ano a este centro coñecido como de "Os Camilos" ou dos "Irmáns misioneiros dos pobres enfermos desamparados". O sábado día 19 de decembro compartiremos merenda coas persoas alí acollidas, e intentaremos que se divirtan coa actuación do grupo de sevillanas da nosa asociación.
- 4 comentarios
- 11593 lecturas
Compartindo a nosa historia e as nosas actividades...
Foi no ano 1996 cando a asociación MMRR Valdalouriña comezou a súa andaina; desde aquela, unha das súas características é a súa constante actividade nos campos da cultura, da muller, do social, do rural, do gastronómico, ... Contamos con 350 socias, na súa maioría do concello de Mos. Aquí relatamos algunhas das nosas actividades:
- Cursos e obradoiros permanentes: repuxado en coiro, bolillos, lencería de fogar, , ximnasia, sevillanas, teatro, labores, pintura e manualidades.
- Cursos subvencionados polas distintas administracións: masaxe, cociña, primeiros auxilios...
- Visitas a lugares de interes: Xardíns de Lourizán, Illa de San Simón, Museo do Mar, Museo etnográfico Liste
- Viaxes nas que percorremos Galicia, Norte de Portugal, País Vasco, Madrid, Andalucia, ...
- Charlas sobre temas de interese, sobre todo para mulleres: Saúde e sexualidade, Alzheimer, Celíacos, Consumo.
- Xornadas gastronómicas: empanada de millo, doces típicos de antroido.
- Acto de recoñecemento a mulleres do noso concello, no Día Internacional da muller.
- Día das Letras galegas, na defensa da nosa lingua, no que contamos con algunha escritora e lembramos a obra do escritor ou escritora ao que se dedica o día.
- Rastrillo benéfico para recadar fondos para distintas asociacións: Síndrome de Down, Contra o cancro, Asociación de diminuidos , Rede veciñal contra os malos tratos,...
- Festa da Empanada de millo, en colaboración co concello de Mos.
Para contactar con nós: valdalourinha@gmail.com
- Engadir novo comentario.
- 11322 lecturas
Así foi o día contra a violencia de xénero na asociación Valdalouriña 1
Na charla-coloquio que tivo lugar na nosa asociación participaron varias ducias de persoas, maioritariamente mulleres.
Unha psicóloga, Marcela d´Ambrosio, e varias mediadoras da rede contra os malos tratos , compartiron coas persoas asistentes a súa experiencia e coñecementos fronte a esta lacra da sociedade que é o maltrato.
Estableceuse un diálogo moi interesante entre as persoas da mesa e o público asistente.
- 1 comentario
- 15312 lecturas
25 de novembro: hoxe pode ser un gran día...!!!
O día no que lle digas " ata aquí chegamos, non me porás máis a man enriba!"
O día no que lle digas "basta xa de insultarme, de menosprezarme ... non eres máis ca min!"
O día no que deixes de pechar os ollos cando vés a túa nai, a túa irmá ou a túa filla con sinais de maltrato...
O día no que deixes de mirar para outro lado cando a túa amiga, viciña ou compañeira leva o medo debuxado na cara...
O día no que deixes de tapar os oídos cando escoitas cómo o teu viciño, o teu irmán ou o teu fillo malla e insulta a súa muller, noiva ...
Anímate e fai que hoxe sexa un gran día!!!
NON Á VIOLENCIA MACHISTA!!!
- Engadir novo comentario.
- 16063 lecturas
25 de novembro, día contra a violencia de xénero 3
- 3 comentarios
- 10852 lecturas
Valdalouriña xa está organizando a cea de Nadal! 3
A asociación Valdalouriña de Mos xa están organizando a cea de Nadal; será o venres día 11 de decembro nun restaurante da zona; unha noite de compartir mesa, baile e agasallos. Anímate! Aínda que non sexas socia podes acompañarnos...
- 3 comentarios
- 18191 lecturas
Charla no Día contra a violencia de xénero 3
O día 25 de novembro, no local da asociación Valdalouriña, farase unha charla para celebrar o Dia internacional contra a violencia de xénero.
Esta charla, organizada en colaboración co concello, será impartida por Marcela d´Ambrosio, psicóloga experta en temas de violencia, ás 19 h.
- 3 comentarios
- 22709 lecturas
¡Xa temos todos os cursos e obradorios en marcha! 2
A asociación Valdalouriña xa ten todos os cursos e obradoiros en marcha: encaixe de bolillos, ximnasia, labores, teatro, lencería de fogar, pintura e manualidades, sevillanas... Ademais, organiza visitas a lugares de interese, así como viaxes turísticos para coñecer Galicia, Portugal, País Vasco, Andalucía ou Madrid. Xa vos iremos amosando fotos destas actividades.
- 2 comentarios
- 19364 lecturas
Viaxe de MMRR Valdalouriña a Segovia e Ávila 3
A asociación MMRR Valdalourinha de Mos visitou Segovia do día 23 ao 25 de outubro. Coñeceron a zona vella da cidade, o acueducto e pasearon polos xardíns da Granxa de San Idelfonso. De volta á casa, pararon en Ávila para contemplar as súas murallas e percorrer a parte vella. Foi unha actividade moi satisfactoria tanto para a organización como para as persoas participantes.
- 3 comentarios
- 21169 lecturas
Teatro en Mos! 15
O grupo de teatro "Mistura" formado na sua maioría por mulleres da asociación Val da Louriña representaron hoxe sábado a súa adaptación da obra "O enfermo imaxinario", no centro cultural Abrente.
Esta foi a súa quinta representación, a primeira foi a estrea, alá polo mes de Maio, no pazo de Mos; seguida do centro cultural de Cela, Herville...
O público que asistiu o acto saliu encantado, sobre todo pola profesionalidade mostrada no escenario por estas mulleres de Mos.
- 15 comentarios
- 25594 lecturas
Rastrillo benéfico en Sanguiñeda 1
A pasada fin de semana tivo lugar o Rastrillo Benéfico que organizamos cada ano. Nesta ocasión tódolos beneficios obtidos foron destinados á reparación da casa da familia de Dorotea, que sufriu un incendio fai uns meses.
Como cada ano o Mesón Argentino cedeunos a casa que posuen ó lado do restaurante para monta-la exposición.
Esperamos ter sido de axuda para Dorotea e a sua familia.
- 1 comentario
- 18987 lecturas
XIV edición da "Festa da Empanada" en Sanguiñeda 2
O pasado Domingo día 7 celebramos en Sanguiñeda a XIV edición da "Festa da empanada", que organizamos cada ano en colaboración co Concello de Mos.
Baixo a carpa que situamos na explanada que se atopa entre o novo parque e o Colexio Mestre Valverde Mayo, vendemos a un prezo moi económico as racións de empanada.
Recibimos a visita de moitos veciños e amigos, que sempre aproveitan a ocasión para reunirse e charlar.
Grazas a todos e a todas pola colaboración.
- 2 comentarios
- 20101 lecturas
15 de Outubro: Día Internacional da Muller Rural 3
O próximo 15 de Outubro celebrarase o Día Internacional da Muller Rural.
As mulleres rurais, viven nun entorno tradicionalmente moi masculinizado, realizan o seu traballo dentro e fora do fogar, pero carecen de remuneración e dereitos sociais.
A escasa valoración da sua contribución ó desenvolvemento rural é a principal fonte de marxinación.
Na loita pola Igualdade da muller, a aposta máis forte debe ser pola mujer do ámbito rural, inda que na actualidade fóronse suprimindo algúns obstáculos para o acceso das mulleres ós distintos sectores da sociedade como pode selo educativo, laboral, profesional...éste proceso de cambio estase producindo a un ritmo insuficiente.
O nivel educativo das mulleres xóvenes mellorou moito, se ben é certo que o medio rural non se beneficiou diso. Actualmente en moitas zonas de España está tendo lugar unha crisis demográfica debido o despoboamento das zonas rurais por parte das/dos xóvenes da zona.
O Día Internacional da Muller Rural ten coma principal finalidade recordarlle á sociedade que en moitos países as mulleres rurais viven na pobreza extrema, sen acceso ós servizos básicos e con enormes cargas de traballo. E recordarlle ós gobernos que a necesidade de políticas públicas encaminadas a potencialas suas capacidades e mellora-la sua calidade de vida é xa unha obriga.
- 3 comentarios
- 24785 lecturas
Iniciar sesión
Links Val da Louriña
RuraisLAB Galego
RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.
Archivo
- Xullo 2015 (1)
- Xuño 2015 (3)
- Abril 2015 (1)
- Marzo 2015 (2)
- Decembro 2014 (6)
- Outubro 2014 (1)
- Septembro 2014 (4)
- Xullo 2014 (4)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »