Fragadassaimas
CAMPAÑA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. "CORTA CO MACHISMO. Está na túa man" 1
O Colectivo Fraga das Saímas repartirá camisetas (prezo simbólico de 2,5 € para as socias e 3 € para o resto) co slogan da campaña e distribuirá os folletos da campaña “Corta co Machismo” a través das membros da asociación, do seu blog http//mulleresfragadassaimas.blogspot.com e librerías e tendas de Viveiro. Folletos nos que, as persoas que participen nesta campaña de denuncia e concienciación, atoparán no seu interior o crucigrama "non xogues co machismo" que deberán resolver axudándose de 20 mostras de machismo que aparecen relatadas neste folleto e que no caso de o resolveren correctamente e de seren unha das cinco primeiras persoas que achegan a resolución do mesmo á asociación, ben vía correo electrónico (fragadassaimas@gmail.com), mensaxe privado ao facebook (fragadassaimas..), whastsApp (tfo. 628681118) ou entregándoo persoalmente á presidenta, que dará fé da data e hora de recepción, recibirán gratuitamente unha camiseta da campaña e ademais a gañadora será convidada ao concerto de Lydia Botana (Bolboreta) e a unha cea de confraternidade co colectivo feminino que celebrarán o sábado 20 de decembro.- 1 comentario
- 13898 lecturas

CELEBRACIÓN DA VII FESTA DO MAGOSTO TOMA CASTAÑAS CON ISABEL RISCO 7
O público asistente á festa magosteira do pasado sábado 15 de novembro abarrotou o salón-teatro do Centro Sociocultural de San Andrés onde a actriz coruñesa, logo do acto de benvida da presidenta do colectivo organizador, contou sen tregua nin descanso a historia de Chelo García Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl, unha superheroína galega e rural que narra as súas aventuras e desventuras. Unha actuación brillante á de Isabel Risco que fixo as delicias do público coa súa inventiva e o seu humor do país. Rematado este trepidante espectáculo o público tivo ocasión de fotografarse coa humorista que se prestou en todo momento para facerse o fotocol de rigor coas súas admiradoras/ es.
A Directiva da Fraga das Saímas agradece a asistencia das súas sócias, familiares, veciños e amigos do colectivo ao Magosto-2014 e anímaos a participar con igual entrega na campaña contra a violencia machista que vai poñer en marcha o colectivo feminino a semana do 25N.
- 7 comentarios
- 15997 lecturas

CELEBRACIÓN DE XORNADAS MICOLÓXICAS E GASTRONÓMICAS DE COGOMELOS-2014 1
UNHA VEINTENA DE AMANTES DO MUNDO DA MICOLOXÍA PARTICIPARON NA IIª EDICIÓN DAS XORNADAS MICOLÓXICAS E GASTRONÓMICAS DE COGOMELOS ORGANIZADAS POLO COLECTIVO DE MULLERES FRAGA DAS SAÍMAS
As xornadas, que se celebraron durante todo o día do sábado 25 de outubro, deron comezo ás 10.00 horas no Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente, onde se citaron alum@s e técnicos. Logo de dar, por parte da secretaria do colectivo organizador, a benvida a tod@s e entregarlles as bases do concurso de cestas e composición de
setas, ao cal se sumaron máis de dez participantes, a Micóloga e Licenciada en Ciencias Ambientais (Rita Cid) impartiu unha charla onde deu unhas nocións básicas sobre algunhas das 165 diferentes especies de cogomelos e champiñóns existentes en Galicia. Durante a mesma @s asistentes aproveitaron para resolver dúbidas e facerlle todo tipo de consultas. Ao remate desta charla-debate a Presidenta da asociación procedeu a sortear entre @s asistentes un exemplar da Guía Micolóxica dos ecosistemas galegos, recaendo nas mans da afortunada Merche, socia do colectivo Fraga das Saímas.
Rematada a charla o grupo partiu cara aos montes do Buio e Lerín para poñer en práctica o aprendido e coñecer de primeira man a riqueza micolóxica e valor ambiental dos montes veciñais en man común de Santo André de Boimente.
Por último, cabe resaltar que a Directiva Fraga das Saímas celebra sempre a visita aos montes do Buio de todas as persoas amantes do mundo da micoloxía, posto que saben que son respetuosas coa natureza e o patrimonio veciñal, mais expresan o seu profundo rexeitamento á entrada masiva, que vimos constatando nos últimos anos, de persoas alleas á comunidade veciñal cuxo único fin seu é a recollida incontrolada de cogomelos, esquilmando os recursos naturais do monte e coa consecuente perda dunha fonte de riqueza extraordinariamente importante para os nosos ecosistemas.
- 1 comentario
- 21233 lecturas

- 15811 lecturas

CELEBRACIÓN DE XORNADAS MICOLÓXICAS E GASTRONÓMICAS DE COGOMELOS-2014 2

- 2 comentarios
- 17021 lecturas

TURISTEANDO POR TERRAS LUCENSES-2014
Nesta ocasión os aventureiros viaxaron ata o Concello de Castro de Rei para coñecer o Aeródromo de Rozas, que foi construído durante a 2ª guerra mundial polos alemáns e o cal no ano 1949 convertiuse no aeroporto central de Galicia, mentras se construía o aeroporto de Lavacolla. Durante a súa estadía visitaron o exterior da Torre de control e as instalacións ((hangar, plataforma das aeronaves, etc.) do Real Aero Club de Lugo, que está a xestionar este aérodromo desde os anos 60.
Satisfeita a curiosidade do grupo de viaxeir@s continuaron a ruta ata o Concello de Palas de Rei, onde visitaron a Granxa de Ecoagroturismo Arqueixal para descubrir os segredos deste novidoso negocio familiar que non so se dedica á produción de queixo , iogur e leite fresco ecolóxico senón que promoven un estilo de vida que é o reflexo fiel do seu amor á terra, e están na procura de valorizar as prácticas ancestrais e promover un desenvolvemento rural sustentábel, demostrativo é didáctico a través de múltiples actividades culturais como é as exitosas xornadas teatrais Son d´Aldea, que xa van pola súa cuarta edición. Durante a visita guiada polas súas instalacións tiveron ocasión de coñecer o modelo de granxa desenvolvido por Arqueixal nos últimos anos, así como o proxecto de recuperación dun conxunto de casas rurais (A Palleira, a Casa do Muiñeiro, a Caseta das Andoriñas e o Pallar das Ameixeiras), seguindo os principios de arquitectura ecolóxica e técnicas de bioconstrución, que adican ao turismo rural. No edificio, coñecido como O Parladoiro puideron ver un audiovisual sobre a elaboración artesanal do afamado queixo con denominación de orixe Arzúa-Ulloa, visitaron a Casa da Rebordela (unha casa de labranza galega de tempos preindustriais) e participaron dunha degustación de iogur e queixo fresco ecolóxico.Unha vez rematados os postres @s viaxeir@s desprazáronse ata o Hotel-Balneario de Lugo para visitar os restos das famosas Termas Romanas, unha obra de enxeñeiría dos arquitectos romanos construídas para o disfrute e a saúde corporal. E de aí ao Casco histórico da cidade de Lucus Augusti para coñecer a súa historia paseando da man dunha guía local pola Praza Maior, a Praza de Santa María e a Praza do Campo e visitando a Catedral e o Centro de Interpretación da Muralla. Pero tampouco podía faltar o paseo de rigor, ao que se apuntaron os máis andaríns, polo adarve da Muralla de Lugo, Patrimonio da Humanidade.
- Engadir novo comentario.
- 12738 lecturas

- 13142 lecturas

CELEBRACIÓN EXITOSA DA VIª EDICIÓN DO DÍA DA SOCIA "FRAGA DAS SAÍMAS" 2
- 2 comentarios
- 12956 lecturas

CLAUSURA CURSOS DO PROGRAMA SOCIO-FORMATIVO 2013-2014 "FRAGA DAS SAÍMAS" O COLECTIVO DE MULLERES “FRAGA DAS SAÍMAS” CLAUSURA
As alumnas disfrutaron dun tradicional xantar na Casa Fanego, na que degustaron de exquisitos entremeses, paella de marisco, postres caseiros, cafés e chupitos.- Engadir novo comentario.
- 14604 lecturas

DÍA DA SOCIA 2014 4
Ao obxecto de poder facer unha previsión de asistentes ao xantar que imos preparar para esta celebración rogámosvos que vos anotedes antes do 28 de xullo.
Para anotarvos podedes chamar aos teléfonos 669250948 (Flor),
(610007746 (Gloria) ou ao correo electrónico fragadassaimas@gmail.com ou deixarnos unha mensaxe no facebook da asociación.
- 4 comentarios
- 15285 lecturas

VIAXE A TERRAS CÁNTABRAS 5
A CUEVA DEL SOPLAO E A PENÍNSULA DA MAGDALENA, ENTRE OS DESTINOS TURÍSTICOS ELEXIDOS POLO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS DURANTE A SÚA VISITA A TERRAS CÁNTABRAS.
Máis de medio cento de persoas veñen de gozar coa asociación Fraga das Saímas dunha fin de semana de ocio, tempo libre e cultura por terras cántabras organizada polo colectivo feminino en colaboración con viaxes Lucus.
O pasado sábado, 7 de xuño, o colectivo de San Andrés de Boimente partiu cara a terras cántabras, acompañado dun nutrido grupo amantes da aventura. Logo dunha parada en Cudillero, na que os viaxeiras/os pasearon e disfrutaron da beleza desta pequena vila mariñeira, a expedición desembarcou en Santillana del Mar para visitar o Museo Nacional de Altamira, Centro para a conservación, investigación e difusión da Cueva de Altamira, onde tamén tiveron ocasión de coñecer a exposición permanente “Los tiempos de Altamira” e a Neocueva, unha réplica artificial case perfecta das covas orixinais. Xa pola tarde, arribaron en Santander, onde gozaron dunha visita panorámica guiada pola cidade e unha ruta a pé polo centro, achegándose ao interior das dúas igrexas que conforman a singular Catedral da Nosa Señora da Asunción. Logo deste recorrido polo casco da cidade os excursionistas desprazáronse ata a Península da Magdalena para disfrutar da beleza da súa contorna, do Real Pazo da Magdalena (monumento declarado monumento histórico-artístico no 1982) e dos pingüíns, focas, leóns mariños e patos que alberga o mini ZOO. O grupo clausurou este intenso e apaixoante día disfrutando dunha espléndida cea servida no hotel Viadero e paseando pola encantadora vila de Noja.
O Domingo a mañá, o grupo trasladouse á vila mariñeira de Santoña, onde coñeceron de primeira man o proceso de limpeza, envasado e comercialización das famosas anchoas durante a visita a unha das súas fábricas conserveiras tradicionais de anchoas. A mediodía e cun clima inmellorable o grupo embarcou no Villa-Fuica para disfrutar durante unha hora da ruta 3 mares. Marismas, Bahía e Acantilados. Antes de abandoar esta vila de profunda vocación mariñeira, o grupo tivo ocasión de falar co activista francés pola paz, Joel Butón, o cal recordaba con cariño o seu paso por Viveiro. Joel leva máis de 14 anos viaxando por todo o continente europeo reclamando a eliminación das minas antipersoas.
Logo do xantar o grupo colleu rumbo a Rionansa para adentrarse na Cueva de El Soplao ou tamén coñecida como a Capilla Sixtina da xeoloxía, un excepcional patrimonio de arqueoloxía mineira de algo máis de 30 kms. de galería, planos inclinados ou castilletes e onde o grupo de aventureiras/os tiveron unha oportunidade única para admirar a abundante e complexa diversidade de formacións excéntricas que atesoura esta cavidade.
Xa de camiño a casa, e antes de despedir ao grupo, a Presidenta da asociación Fraga das Saímas deilles as grazas por acompañar nesta aventura cántabra ao colectivo feminino e a súa confianza amosada na entidade de San Andrés, e prometeu que o colectivo intentaría seguir programando novas viaxes e sorpresas “para todos aqueles e aquelas que gocen acompañándonos na nosa andaina viaxeira”.
- 5 comentarios
- 20508 lecturas

VIAXE A TERRAS CÁNTABRAS 2

- 24511 lecturas

FESTA DA LINGUA GALEGA. EDICIÓN 2014
![]() |
| Fotocol do Grupo de teatro ÁRDORA |
![]() |
| Fotocol dun grupo de asistentes á Festa das Letras2014 |
- Engadir novo comentario.
- 14526 lecturas

VII EDICIÓN DA FESTA DO MEDIO NATURAL DA FRAGA DAS SAÍMAS 2
O sábado 26 de abril o Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente acolleu a celebración da 7ª edición da Festa do Medio Natural organizada pola asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas.
- 2 comentarios
- 13939 lecturas

FIN DE SEMANA EN CANTABRIA
Non te quedes sen praza e chámanos xa mesmo! Tfo de contacto: 669 250 948. Esperámosvos!
- Engadir novo comentario.
- 12725 lecturas

Iniciar sesión
Links Viveiro
RuraisLAB Galego
RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.
Archivo
- Marzo 2021 (1)
- Decembro 2020 (3)
- Xullo 2020 (2)
- Marzo 2020 (4)
- Febreiro 2020 (3)
- Decembro 2019 (1)
- Outubro 2019 (2)
- Agosto 2019 (2)
- Xullo 2019 (1)
- Xuño 2019 (2)