conectadasomundo
Obradoiro de Acercamento a Rede 1
Novo curso, a comenzar no mes de xuño. Duración: 15 horas Lugar: Aula Conectad@s ó Mundo _Punto de encontro FEMURO Dirixido: a todos/as usuarios/as (previa iniciación) Metodoloxía:Didactica e participativa, atendendo as características do grupo de usuarios/as. Contido:. . Realización de procuras na rede. . Coñecer os servizos de utilidade. . Empreguemos a prensa . Conseguir cita no médico . Buscar hoteis e vuelos . Empregar o Pen driver, Chupete, Pincho. |
- 1 comentario
- 9882 lecturas
VII FORO DA IGUALDADE 2
A prensa faixe eco do VII FORO da Igualdade organizado por FEMURO, co lema:
"As mulleres queremos.....As mulleres podemos...."
Como cada ano se puido comprobar o éxito que estas xornadas conxuntas de formación, socialización e valorización teñen entre todas as asociacións que compoñen a Federación de Mulleres Rurais de Ourense.
Nova en La Región
- 2 comentarios
- 12517 lecturas
PROPOÑEMOS UN NOVO LIBRO 4
Unha novela xuvenil, na que coñecemos a historia dunha persoaxe femenina que se atopou escondida nunha imaxe masculina dende nena,,,,¡con todo o que esto conleva de loita! e que loitara coma pirata.......¡xa me contaredes que vos parece!
- 4 comentarios
- 17894 lecturas
CONMEMORAMOS O 8 DE MARZO
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, desenvolve os actos de conmemoración do día da Muller Traballadora.
O pasado sábado as asociación de Mulleres Rurais da Comarca Carballiñesa visitaron a exposición itinerante “FIESTRAS”, a mesma atopase no Centro multifuncional e nela se poden apreciar as fotografías finalistas no I Concurso fotográfico organizado por FEMURO.
A mencionada, tivo gran aceptacion entre todas as visitantes, gratamente sorprendidas polas mesmas.
No mesmo auditorio podemos escoitar as pandeireteiras e cantareiras que amenizaron a maña e tamén parte da tarde.
Todo isto tendo en conta a conmemoración da data sinalizada para o 8 de marzo, no que tamén recordarmos a loita diaria así como as das nosas antergas e o todavía camiño a percorrer de cara os logros da igualdade.
O día continuou cun xantar de confraternidade e unha tarde no que a musica tradicional e a música moderna nos fixo pasar un día de ledicia e aprendizaxe, xa que o arte que todas levamos dentro pasa por ser o mellor bocado para a nosa cultura.
- Engadir novo comentario.
- 11099 lecturas
Conmemoración do día da Muller 2
As asociacións de Mulleres Rurais da Comarca Carballiñesa, van a celebrar o vindeiro día 6 de Marzo a conmemoración do Día da Muller.
É o terceiro ano no que as asociacións que se engloban en Femuro (Federación de Mulleres Rurais de Ourense) desta comarca, se unen para conmemorar tal data, en recordo das que loitaron polos seus dereitos .
O que lemos nos boletíns do Día da Muller é sempre a historia dunha folga, que aconteceu en Nueva York en 1857, na que 129 obreiras morreron despois de que os patróns lle puxeran lume a fabrica.
¿E de onde ven o da cor LILA como símbolo que nos representa?, seica é debido a cor do tecido que estaban a confeccionar estas obreiras na fabrica.
É un día no que se busca derrotar todos os sufrimentos das mulleres e no que se visibiliza de forma clara o rumbo que debemos tomar cara a conquista da liberación e da igualdade de todas.
¡Un bico, amigas!
- 2 comentarios
- 11936 lecturas
Actividade Creativa 3
Temos unha pequena mostra dos traballos desenvoltos polas nosas usuarias nas clases de habilidades creativas. A exposición da fe do bo facer e a iniciativa, xa que estes traballos unidos a algúns mais que estan facendo van a forman parte do rastrillo, que por decisión delas, consideraron que a aportación economica obtida vai a formar parte do que a nosa entidade FEMURO, envíe a axuda da reconstrución de Haiti.
- 3 comentarios
- 11111 lecturas
Entroido na Comarca do Carballiño 1
As asociacións de Mulleres Rurais da Comarca do Carballiño, celebran nestas datas as ceas de Entroido, despois de teren participado na creación dos traxes e organizacións das diversas comparsas que desfilan na Vila e nos Concellos pretos os que estas asociacións pertencen.
O pasado luns as Asociacións "A Revolta" e "Novas Vivenzas" celebraron unha cea conxunta
- 1 comentario
- 16984 lecturas
CURSOS DAS ASOCIACIONS DE FEMURO NA COMARCA DO CARBALLIÑO 1
- 1 comentario
- 14371 lecturas
Recomendamos nova lectura 7
El oraculo de Delphi-Keep, este libro e de Victoria Laurie
E un bo libro para a mocidade, con un argumento suxerente que engancha.
A acción arranca en 1931 cando un bebé recién nacido –nena— é abandonado por sua mai diante do orfanato de Delphi Keep.
Recomendao: Lucila (12 anos)
- 7 comentarios
- 16194 lecturas
CREATIVIDADE INFANTIL
Aula de creatividade e mellora da psicomotricidade, xogos en igualdade, socialización, empatia......
- Engadir novo comentario.
- 9171 lecturas
Actividade creativa para rapaces 2
As/os nosas/os usuarios/as mais noviños, realizan tarefas creativas, o mesmo tempo que fomentan os xogos grupais en igualdade. Teñen horario de tarde, todos os venres.
- 2 comentarios
- 10954 lecturas
ALFABETIZACION DIXITAL DE ADULTOS/AS 1
A pasada semana deu comezo un novo curso de Alfabetización dixital, no que un grupo de usuarias/os van a recibir formación para o emprego das farramentas de comunicación actuais. Dende FEMURO, animamos a toda a poboacion a iniciarse no manexo das novas tecnoloxias, cunha metodoloxia facil e adaptada.
- 1 comentario
- 12830 lecturas
Asamblea Xeral de Femuro
O vindeiro sábado 23, terá lugar a asamblea da federación Provincial de Mullers Rurais de Ourense.
- Engadir novo comentario.
- 8671 lecturas
ACTIVIDADE CREATIVA 1
Dende o Punto de encontro de FEMURO, a actividade Creativa deu lugar a un montón de traballos de mans das mulleres participantes na mesma.
Coa axuda dunha das nosas traballadoras e a aportación de cada unha das nosas usuarias as mostras de traballos dan fé da orixinalidade e bo facer, creando desde os tradicionais arbores de nadal para adornar os fogares nestas datas, ademais de fundas para os lentes, panos, moviles, froches.....
- 1 comentario
- 12410 lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
Iniciar sesión
Links Femuro
- Presentación Femuro
- Conectadas ó mundo Carballiño
- Blog de Manoli
- Blog de Alex
- Blog de Sheila
- Blog de Reyes
- Blog de Alicia
- Blog da As. de MM.RR. Velouxe
- Blog da As.de MM.RR. Entre nós
- Blog da As.de MM.RR. Fonte do Sapo
- Blog da As.de MM.RR. 25 de Xullo
- Blog de Tere
- Blog de Marisa
- Blog de Mada
- Blog de Pacita
- Blog de Pepi
- Blog de Mercedes
- Blog de Mari
- Blog de Josefa
- Ayuda en Acción
- Secretaría Xeral de Igualdade
RuraisLAB Galego
RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.
Archivo
- Maio 2012 (1)
- Marzo 2012 (5)
- Febreiro 2012 (16)
- Xaneiro 2012 (5)
- Decembro 2011 (10)
- Novembro 2011 (21)
- Outubro 2011 (18)
- Septembro 2011 (14)
- Agosto 2011 (5)
- Xullo 2011 (20)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »