Marzo 2013
EXCURSION A LISBOA 1
- blogue de tempoganado
- 1 comentario
- 9751 lecturas
CURSO DE REFLEXOTERAPIA PODAL
- blogue de tempoganado
- Engadir novo comentario.
- 9401 lecturas
V EDICIÓN FESTA DO MEDIO NATURAL
ÁBRESE O PRAZO PARA ANOTARSE NA Vª EDICIÓN DA FESTA DO MEDIO NATURAL DO COLECTIVO "FRAGA DAS SAÍMAS" NO QUE SE PRESENTARÁ O ESPÉCTACULO DE TÍTERES DA COMPAÑÍA MINDONENSE "MIRCROMINA".
Nesta Vª edición, o Centro Sociocultural de Santo André de Boimente acollerá por primeira vez un espectáculo de TÍTERES, durante o cal poderán gozar tantos as nenas e nenos como os maiores da obra Vacacións no Mar que representará a compañía mindonense MIRCROMINA.
As persoas que desexen disfrutar dunha fin de semana de festa e alegría poden contactar coa Directiva nos seguintes Tfos. de Flor 669250948 ou Tfo de Gloria 610007746.
O prazo para anotarse é ata o sábado 20 de abril.
- blogue de Fragadassaimas
- Engadir novo comentario.
- 11149 lecturas
Últimas novidades 5
Ola amig@s,
Aquí estamos de novo despóis dun longo tempo en silencio, pois non foi un ano moi doado para a asociación debido á falta dalgunhas socias, e á de familiares moi achegados doutras.
E por isto estivemos moi inactivas, ainda que algo fixemos. Proba diso son as fotos que acompañan este saúdo. Son dúas viaxes e o curso de "Pensa en ti", que rematamos hai un tempo. Foi de pintura en tea, e por certo, gustounos moito.
Isto é todo polo de agora, e prometemos non estar tanto tempo sen contarvos cousas novas.
Un saúdo.
Mulleres Rurais "Nogueira"
- blogue de mulleresnogueira
- 5 comentarios
- 14366 lecturas
CURSO DE CESTERÍA TRADICIONAL 3
ABERTO O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NO CURSO DE CESTERÍA TRADICIONAL ORGANIZADO POLO COLECTIVO DE MULLERES "FRAGA DAS SAÍMAS"
Este curso vai dirixido a todas as mulleres e homes que teñan gañas e curiosidade por aprender a elaborar algúns dos cestos típicos na cestería galega de mimbre, utilizando as técnicas dos nosos vellos cesteiros.
O prazo para a inscrición remata o 20 de marzo ou cando se completen o número de prazas máximas por edición.
- blogue de Fragadassaimas
- 3 comentarios
- 10579 lecturas
CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2
“...demandamos dos poderes públicos, dos partidos políticos e de todos os gobernos medidas correctoras na aplicación daquelas políticas que implican un retroceso en dereitos e conquistas sociais e unha clara aposta pola igualdade efectiva entre homes e mulleres e reclamamos que, tanto os gobernos como a propia cidadanía, adopten o compromiso real de cambiar a marxinación, a exclusión, o asasinato e a violencia machista pola conquista dunha sociedade máis xusta e igualitaria..” Así remataba a Presidenta do colectivo Fraga das Saímas a lectura do Manifesto da asociación de mulleres que preside.
O GRUPO CORUÑES “DÚO ROSAS” ENCANDILOU COA INTERPRETACIÓN DO SEU ÚLTIMO TRABALLO MUSICAL “ROSAS PARA GALICIA” AO PÚBLICO ASISTENTE AO CONCERTO ORGANIZADO POLO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO “DÍA INTERNACIONAL DA MULLER”
O Centro Socio Cultural de Santo André de Boimente acolleu esta fin de semana un concerto organizado polo colectivo de mulleres Fraga das Saímas con motivo da celebración dos actos conmemorativos e reivindicativos no Día Internacional da Muller.
Os actos deron comezo ás 18.00 horas coa lectura do Manifesto da Asociación de Mulleres Rurais Fraga das Saímas a cargo da súa Presidenta. Durante a intervención de Flor Chao puxo especial énfase en que “ ..seguen permanecendo os tres grandes furados negros da desigualdade entre o home e a muller: a violencia machista e o asasinato de mulleres, derivado dun sustrato cultural machista e misóxino que non aceptan nin recoñece ás mulleres como seres equivalentes, a feminización do paro e a súa exclusión social e a infrarepresentación da muller nos órganos de decisión política, económica e social ou cultural...”
Logo da lectura deste Manifesto, os asistentes tiveron a ocasión de gozar, ao longo dunha hora, dun extraordinario e personalísimo concerto a cargo do Dúo Rosas, integrado pola bandurrista coruñesa, Julia Dopico e o guitarrista arxentino Daniel, durante o cal interpretaron o seu último traballo musical “ Rosas para Galicia”.
Este traballo musical estivo acompañado dunha montaxe visual, cuxo repertorio estivo integrado por cancións populares de Galicia, versionadas para bandurria e guitarra e enriquecidas con arranxos propios que dan calor e cor as obras.
Durante este concerto interpretaronse obras dos nosos compositores históricos, cuxos versos foron desgranados pola cálida e profunda voz do profesor José Luis Mera, declamando sobre a base musical textos de Curros e Rosalía, e aproveitando tamén para dedicarlles a todas as mulleres presentes a popular canción escrita por Castelao: Lela.
Logo de rematar o acto central, a Directiva ofreceulles as/os asistentes pinchos, refrescos e cafés.
Para poñer o punto e final a este día adicado á Muller, doce socias do colectivo Fraga das Saímas desprazáronse ata o restaurente Louzao para compartir cea e baile con de perto de 400 mulleres da Mariña.
A Directiva agradece ás socias, familiares e convidados que participaron nestes actos de homenaxe e reinvindicación no Día da Muller e espera que os avances en materia de igualdade real da Muller fagan posible celebrar este Día todos os 365 días do ano.
- blogue de Fragadassaimas
- 2 comentarios
- 12468 lecturas
CELEBRANDO EL DIA DE LA MUJER Y LA CENA ANUAL 2
Un año más "TEMPO GAÑADO "
Celebró el día de la mujer con su cena anual. Fue una cena muy alegre y divertida, a la que acudimos un total de 93 mujeres, siendo socias la mayoría de las asistentes.. .
- blogue de tempoganado
- 2 comentarios
- 9210 lecturas
PROXECTO EXPERIMENTAL DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA
AS DEZASEIS VECIÑAS E VECIÑOS DO CONCELLO DE VIVEIRO QUE ESTÁN A PARTICIPAR NO PROXECTO EXPERIMENTAL DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA, POSTO EN MARCHA POLO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS”, REUNÍRONSE NO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE STO. ANDRÉ DE BOIMENTE PARA PARTICIPAR NUNHA XORNADA TÉCNICA DE COMPOSTAXE.
O Centro Socio Cultural de Santo André de Boimente acolleu esta fin de semana unha Xornada Técnica sobre a Compostaxe Doméstica impartida pola técnica da Asociación na Defensa Ecolóxica de Galicia, María Rodríguez Lafuente.
Esta Xornada, que forma parte dun proxecto experimental de compostaxe doméstica posto en marcha na parroquia de Santo André de Boimente polo Colectivo de Mulleres Rurais Fraga das Saímas, desenvolveuse ao longo de tres horas durante a tarde do sábado, 23 de febreiro. Unha xornada que contou coa presenza de 16 persoas (socias e veciños do concello de Viveiro) interesadas en participar neste proxecto experimental de reciclaxe de residuos, pioneiro no Concello viveirense, e que se amosaron convencidas de poder acadar ao remate do mesmo o diploma de Mestras/es composteiras.
Logo de falar da problemática dos residuos domésticos, da súa xestión e de explicar en detalle o Programa de Compostaxe Doméstica e Comunitaria posto en marcha en Galicia fai máis dunha década, a técnica de ADEGA e os participantes neste proxecto construíron un composteiro artesán comunitario, que colocaron no aparcadoiro do Centro Socio-Cultural de San Andrés, ao obxecto de que as veciñas/os dos lugares máis cercanas ao Centro poidan depositar no mesmo o seu lixo doméstico e o resto de podas, céspede e outros resíduos agrícolas para convertilo nun abono orgánico de gran calidade, rico en nutrientes e que se coñece como "compost".
Ao Final desta Xornada a Directiva Fraga das Saímas repartiu entre as/os asistentes un Manual sobre o proceso de compostaxe doméstico e sorteou os 3 composteiros que serán obxecto de seguimento durante todo o proceso deste proxecto experimental. As persoas agraciadas foron: Xuxa Rouco da parroquia de San Andrés de Boimente, Dolores Trasancos da parroquia de Vieiro e Olimpia Rouco da parroquia de Chavín.
Este grupo de futuras Mestres Composteiras volverán a reuniranse a finais de abril para visitar aos tres composteiros de Chavín, San Andrés e Vieiro, así como o Composteiro Comunitario do Centro Socio Cultural e recibir o asesoramento necesario para o correcto uso dos mesmos e ou correxir posibles deficiencias ocurridas durante o proceso de compostaxe.
A Directiva do colectivo de mulleres aproveita para animar as súas socias e veciños a asistir ao Concerto do Dúo Rosas que está a organizar con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora e que vai ter lugar no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente o sábado, 9 de Marzo, a partir das 18.00 h. e recórdalles que os interesados poden chamar á Presidenta ou membros da Directiva para comunicarlles o seu interese en participar nesta xornada de celebración.
- blogue de Fragadassaimas
- Engadir novo comentario.
- 10406 lecturas
Iniciar sesión
RuraisLAB Galego
RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.
Archivo
- Marzo 2021 (1)
- Decembro 2020 (3)
- Xullo 2020 (2)
- Marzo 2020 (4)
- Febreiro 2020 (3)
- Decembro 2019 (1)
- Outubro 2019 (2)
- Agosto 2019 (2)
- Xullo 2019 (1)
- Xuño 2019 (2)