Decembro 2009

27 Decembro 2009

CELEBRACIÓN DO FESTIVAL DE NADAL-2009 +  

A ACTUACIÓN MAXISTRAL DOS VIOLINISTAS DA ORQUESTRA SOLISTAS DE GALICIA “MIJAIL MORIATOV” CAUTIVOU O CORAZÓN DO PÚBLICO ASISTENTE AO Iº CONCERTO DE NADAL “FRAGA DAS SAÍMAS”
 
O sábado 19 de decembro a Asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” puxo como broche de ouro a súa programación anual-2009 a celebración do seu II Festival de Nadal-2009.

 
Esta IIª edición do Festival de Nadal-2009, que comezou a partir das 18:30 horas no Centro Socio-Cultural, tivo como acto central a celebración do Iº Concerto de Nadal “Fraga das Saímas” a cargo do Mestre Don Mijail Moriatov, un dos violinistas de maior proxección e prestixio residente no noso país, acompañado dun dos excelentes violinistas da súa Orquestra Solistas de Galicia. A actuación estelar destes dous virtuosos do violín e a maxia da súa música cautivaron o corazón dun público entregado e que asistíu con gran expectación, e por primeira vez nesta pequena parroquia, a este concerto de música clásica.
Mijail e Cláudio interpretaron durante a primeira parte do concerto pezas do seu último CD “Música Mundi”, deleitando a un auditório de máis de cen persoas con pezas tan coñecidas como o Ave Maria de Schubert, Danza Húngara nº 5 de J.Brahms, Tango “por unha cabeza” de C. Gardel. Durante a segunda parte deste recital musical, e mentras a temperatura no exterior seguía a baixar perigosamente, os asistentes deixábanse ir ao son da música popular rusa e galega: Ojos negros, Kalinka e Negra Sombra foron algúns dos fragmentos de pezas que os dous violinistas tocaron durante a segunda parte do concerto. E como non podía ser doutra forma nesta época tan especial os dous virtuosos do violín, e tras hora e media de actuación, despedíronse tocando panxoliñas tan clásicas como é a Noite de Paz.
Concluído este excepcional concerto, que tardarán en olvidar os veciños e convidados de San Andrés de Boimente, as máis de 100 persoas que decidiron compartir e festexar o peche e o comezo dun aninovo coa Asociación de MMRR e que se atreveron a saír das súas casas a pesar do temporal de frío e neve que envolveu todo o país foron recompensados cunha cea de confraternidade que comezou ás 21.00 h. e na cal se ofreceu un catering servido polo Mesón O Imperial.
Durante a cea a Presidenta da Asociación “Fraga das Saímas”, Flor Chao, aproveitou para felicitar, en nome da Directiva, as festas de Nadal e expresar os mellores desexos para o 2010 a todas as súas socias e á comunidade veciñal. Durante a súa intervención agradeceu o esforzo e traballo das membros da Directiva que en palabras da Presidenta sempre traballa en aras de poder satisfacer o interese das súas asociadas e veciños así como tamén sempre está a procura de máis e mellores iniciativas co fin de fomentar a participación veciñal e a promoción da nosa parroquia, e nesta liña quixeramos, se os ânimos non nos abandonan, continuar durante o ano 2010.
 
Durante os postres a directiva efectuou un sorteo gratuíto, entre as súas socias, de 50 agasallos, para a continuación e previa venda de boletos, proceder ao sorteo de tres espléndidas cestas navideñas. Nesta ocasión a diosa fortuna agasallou a Mônica Chao coa 1ª cesta e a Dolores Díaz e a Jesús Angel Chao coa 2ª e 3ª cesta respectivamente. Tampouco se olvidou a Directiva dos máis pequenos desta festa navideña posto que tamén recibiron o seu regalo de nadal.

 
Este evento rematou ás 2:00 da madrugada, onde os amantes do baile e da música disfrutaron coa actuación do Grupo Dúo Suso (As Pontes).

23 Decembro 2009

CENA DE NADAL 2  

OLA A TODAS!!!

Como cada ano a asociación de mulleres Nogueira celebrou a sua CENA OFICIAL de nadal. A de este ano foi celebrada no "Bar A Cultural" de San Lorenzo de Nogueira. Inda que nos ultimos anos a participación nesta cena baixara moito este ano conseguimos que moita xente se animase a participar outra vez e fomos 30 os que disfrutamos da xuntanza.

Como toda cena que se precie tivemos champán, foguetes e o posterior baile para alongar a xornada. Aqui vos deixo algunhas das fotos que sacamos para recordar ese bonito día.

 

23 Decembro 2009

A revista Código Cero, no seu número 76 de Decembro faise eco da comunidade de mulleres rurais RuraisLAB. 2  

 A revista de Ciencia e tecnoloxía de Galicia "Código Cero" faise eco no seu número 76 na súa edición impresa da iniciativa da comunidade de mulleres rurais RuraisLAB. A verdade e que é unha boa maneira de rematar o 2009. Seguro que o 2010 será un ano mellor no ámbito da igualdade e xusticia social. Bo Nadal a todas e a todos e moita felicidade para o 2010... Feliz Navidad.

 

 

23 Decembro 2009

Valdalouriña deséxavos o mellor para o novo ano 1  

 

22 Decembro 2009

FELICITACIÓN NAVIDEÑA de LOLITA TRIGO 1  

Coma tódolos anos, enviamoslles nosas socias una Felicitación de Nadal, e pra vos todas fixemos esta outra. Esperamos que vos guste. Feliz Nadal a todas e Feliz año 2010.

22 Decembro 2009

OS MELLORES DESEXOS DE NADAL 2  

Queremos desexarvos un feliz Nadal para todas e cada unha das mulleres que formades parte dunha asociación, e que como nós, participades dese sentimento colectivo de que unidas somos mais fortes. As veces caésenos o mundo encima cun problema pensando que so nos pasa a nós, e non vemos a luz por ningures, pero é cando nos xuntamos, cando descubrimos que a veciña pásalle o mesmo, e é compartindo ese pesar cando atopamos alivio.

Polo tanto os meus desexos para o aninovo e que participemos mais das actividades organizadas polas asociacións, porque non só se aprenden cousas novas, senón que o sentimento de pertenza a un grupo é unha verdadeira cura psicolóxica.

E non olvidemos nunca que cada unha de nos e única e irrepetible.

FELIZ NADAL E ANINOVO A TODAS!!!

22 Decembro 2009

ACTIVIDADE CREATIVA 1  

Dende o Punto de encontro de FEMURO, a actividade Creativa deu lugar a un montón de traballos de mans das mulleres participantes na mesma.

Coa axuda dunha das nosas traballadoras e a aportación de cada unha das nosas usuarias as mostras de traballos dan fé da orixinalidade e bo facer, creando desde os tradicionais arbores de nadal para adornar os fogares nestas datas, ademais de fundas para os lentes, panos, moviles, froches.....

21 Decembro 2009

Feliz Navidad a toda la comunidad de RuraisLAB ! +  

 
Feliz Navidad y Felices Fiestas. 
 
Bo nadal e Felices Festas. 
 
¡ Que en el 2010 se cumplan todos vuestros sueños !
 
 

 Quique, Lala, May, Sergio, Alicia

 

 

21 Decembro 2009

Nadal na asociación Valdalouriña 5  

Durante o Nadal hai actividades que continúan e outras que se suspenden ata o novo ano. Este ano volveremos a escenificar o Belén vivente na Cabalgata que organiza o Concello de Mos.Dentro das actividades do Nadal encadramos a visita que fixemos o pasado sábado 19 ao centro de acollida dos Irmáns misioneiros dos pobres en Teis. Incluímos algunhas imaxes da visita.

21 Decembro 2009

San Pedro de Crecente llega a RuraisLab +  

La Asociación de Mulleres Rurais de San Pedro de Crecente abre hoy su blog...Ahora ya son parte de Ruraislab!

En la foto superior las alumnas de la clase de manualidades. Abajo: Marisol, secretaria de la asociación S.Pedro de Crecente y Tere, presidenta de Mulleres en Igualdade, también del Concello de Crecente.

 

Síganos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Iniciar sesión

RuraisLAB Galego

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Axenda Dixital Europea 20202

Axenda Dixital Europea