O papel dos maiores na sociedade
Os nosos maiores teñen un papel moi activo na nosa sociedade: son "canguros" dos nosos fillos, cociñan para eles e tamén para nós, lévanos ao médico, e ata van ás xuntanzas das ANPAS nalgunha ocasión. Cando xa non poden facer estas tarefas, ou os nenos xa medraron, comezan a convertirse nun problema. Non somos quén de intentar facer por eles, un pouco si quera, do que eles fixeron por nós.
É verdade que a sociedade cambiou moito, que a vida de agora non se parece nada á que levaron eles ( nin no bo nin no malo); a sociedade actual aÃnda non está preparada para atender aos nosos maiores do mesmo xeito que atendemos aos nosos nenos. Desde a incorporación da muller ao mundo laboral sufrimos esa eiva na sociedade; ela coidaba dos pais, dos sogros e dalgún outro parente se era preciso. Todos podemos dispór dunha garderÃa para os cativos e asà poder ir traballar tranquilamente, pero non dispomos de centros de dÃa para os nosos maiores dependientes, e os poucos que hai son tan caros que non pode calquera persoa facerse cargo deste custo. Tampouco hai que esquecer que, ás veces, se converten nun simple negocio para especuladores sen escrúpulos, que os teñen nalgunhas residencias sen as mÃnimas garantÃas.
Os maiores son unha referencia para nós, son como libros cheos de experiencias, de moitos valores tan pouco cotizados hoxe en dÃa, e, case sempre, dispostos a dar cariño ... eles que ás veces, tanto o necesitan.
- valdalourinha's blog
- 89862 reads
User login
RuraisLAB English
RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.
Archivo
- March 2013 (8)
- February 2013 (8)
- January 2013 (1)
- December 2012 (2)
- November 2012 (31)
- October 2012 (11)
- September 2012 (7)
- August 2012 (5)
- July 2012 (1)
- June 2012 (2)
Post new comment