CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER
by Fragadassaimas on Mar, 01/04/2014 - 13:00
CINEMA E MARATÓN DE XOGOS DE MESA NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE SANTO ANDRÉ DE BOIMENTE PARA CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
O Centro Sociocultural de Santo André de Boimente acolleu a tarde do sábado 8 de marzo os actos organizados polo colectivo de Mulleres Fraga das Saímas con motivo da celebración Día Internacional da Muller traballadora.
A programación dos actos conmemorativos do Día da Muller deu comezo ás 17.00 horas no Centro Sociocultural, que xestiona desde os últimos anos a asociación Fraga das Saímas, coa benvida da presidenta a unha trintena de persoas que aproveitaron a tarde do sábado para participar nas actividades organizadas por este colectivo feminino.
Logo de catro horas de intensa actividade, onde participaron máis dunha vintena de xogadores integrados en dez equipos na Maratón de Tute e Brisca e onde os asistentes tamén puideron ver proxectada a película de Ken Loach Pan y Rosas, a Directiva de Fraga das Saímas ofreceulles a todos os asistentes unha merenda-cea que se prolongou ata pasadas as 22.00 horas.
O equipo que se alzou coa vitoria da Iª Maratón de xogos de mesa, na modalidade de Brisca, foi o formado por Dolores Ramudo, Nieves Martínez e Adelina Lorenzo, ás que a a Presidenta da Fraga das Saímas entregou un diploma a cada membro do equipo e un premio en metálico de 60 €. Na modalidade de tute o equipo gañador desta maratón que estaba formado por Silvia Casabella e Soledad Blanco fíxoselles entre dun premio en metálico de 40 € e un diploma de recoñecemento para cada unha delas. O subcampionato de tute, cun premio de 20€, foi para a parella formada por Camilo e Salvador e tamén o colectivo Fraga das Saímas reservou un premio de consolación de 20 € para as gañadoras da liguilla montada cos equipos caídos na 1ª volta da Maratón de Tute, se ben o equipo gañador desta liguilla formado por María Chaves e Xulia renunciou ao seu premio en favor da asociación organizadora. Xesto este de colaboración coa entidade feminina que foi agradecido pola Directiva do colectivo.
»
- blog de Fragadassaimas
- Añadir nuevo comentario
- 8580 lecturas
Inicio de sesión
RuraisLAB
RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.
Archivo
- Octubre 2009 (22)
- Septiembre 2009 (16)
- Agosto 2009 (1)
- Julio 2009 (2)
- Junio 2009 (2)
- Mayo 2009 (4)
- Abril 2009 (4)
- Febrero 2009 (2)
- Enero 2009 (4)