AXUDA A MULLERES EMPRENDEDORAS
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria da SecretarÃa Xeral da Igualdade para a solicitude de subvencións para o apoio ao emprendemento feminino, o denominado programa Emega, para o ano 2011, que conta cun orzamento de 687.500 euros e esta cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
As medidas de fomento ás iniciativas empresariais promovidas por mulleres e que pretenden a promoción do autoemprego constitúen actuacións eficaces para a xeración de emprego, repercutindo tamén na redución da taxa de paro feminino, que certamente segue sendo máis elevada que a dos homes, e favorecendo a desaparición das diferencias existentes aÃnda entre o número de emprendedores, moito máis elevado, e o de emprendedoras. Estas medidas, no contexto de crise económica actual, cobran especial relevancia, polo que resulta obrigado fomentalas por parte da administración en xeral e particularmente por parte dos departamentos responsables da igualdade entre mulleres e homes.
O programa Emega é un programa de estÃmulo ás mulleres emprendedoras, apoiándoas mediante a concesión dunha serie de axudas económicas para que se establezan como empresarias e deste xeito acaden a súa propia promoción e contribúan á creación de postos de traballo.
A SecretarÃa Xeral da Igualdade modificou a convocatoria este ano para adaptala ás necesidades especiais que a situación económica demanda.
As axudas convocadas están destinadas a apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través de dúas liñas de actuación. (Ir a enlace de IGUALDADE)mais información
- blog de conectadasomundo
- Añadir nuevo comentario
- 9049 lecturas
Inicio de sesión
RuraisLAB
RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.
Archivo
- Mayo 2012 (1)
- Marzo 2012 (5)
- Febrero 2012 (16)
- Enero 2012 (5)
- Diciembre 2011 (10)
- Noviembre 2011 (21)
- Octubre 2011 (18)
- Septiembre 2011 (14)
- Agosto 2011 (5)
- Julio 2011 (20)
- « primera
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- siguiente ›
- última »
Pareceme moi interesante esta axuda!!!!
Ah, que guay, esta axuda parece moi interesante