Apuntamentos da charla sobre a fibromialxia
Este xoves día 21 de outubro, tivo lugar unha interesante charla sobre a fibromialxia, organizada pola asociación de MMRR Val da Louriña de Mos, coa colaboración da Asociación Galega de fibromialxia e o Centro de Saúde de Mos. O numeroso público que asistíu dá idea da cantidade de doentes que a padecen.
Á dereita aparecen, de esquerda a dereita, a Presidenta da Asociación (Mariví Ben Ledo), a Presidenta de Agafi (Dolores Bermúdez) e o Xerente do Centro de Saúde de Mos (Justo G. Ballesta).
O primeiro en intervir foi o doctor Ballesta, que deu uns apuntamentos sobre esta enfermidade caracterizada por un cansazo crónico, un sono leve, dor persistente, rixidez de músculos e tendóns, dor de cabeza ou problemas de memoria. Afecta máis a mulleres en idade reprodutiva, e a causa exacta é descoñecida. Todo apunta a que se trata dun proceso multifactorial.
Pola súa banda, a Presidenta de Agafi suliñou a dificultade de chegar a un diagnóstico, antes do cal o doente está condeado a unha procesión de especialista en especialista; este proceso chega a durar varios anos. Aconsella non abusar dos medicamentos, usalos sólo cando se producen brotes. En canto a posibles factores que suavicen os síntomas, citou o exercicio físico moderado, alimentación sá e adecuada , controlar o peso, a balnoterapia.
En canto ás funcións que realiza esta asociación, ademais de charlas: Dispoñen dun médico e un psicólogo; loitan polo recoñecemento desta enfermidade; esixen máis investigación sobre esta doenza. En canto ao recoñecemento desta enfermidade, xa conseguiron que, a instancias do BNG, se levase esta proposta ao Parlamento galego, donde foi aprobada por unanimidade. Agora agardan que no Parlamento español corra a mesma sorte.
- blog de valdalourinha
- Añadir nuevo comentario
- 12585 lecturas
Inicio de sesión
RuraisLAB
RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.
Archivo
- Agosto 2010 (8)
- Julio 2010 (16)
- Junio 2010 (24)
- Mayo 2010 (27)
- Abril 2010 (31)
- Marzo 2010 (25)
- Febrero 2010 (24)
- Enero 2010 (28)
- Diciembre 2009 (35)
- Noviembre 2009 (57)