Abril 2014

01 Abril 2014

PROGRAMA DE REDUCIÓN DE RESIDUOS A TRAVÉS DA COMPOSTAXE CASEIRA 3  

“FRAGA DAS SAÍMAS” ANIMA AO CONCELLO DE VIVEIRO A DARLLE CONTINUIDADE AO PROGRAMA DE COMPOSTAXE CASEIRA POSTO EN MARCHA NO 2013 POLO COLECTIVO FEMININO NA PARROQUIA DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE 

 

A Asociación de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas” ven de presentarlle, o pasado 22 de xaneiro, por escrito á alcaldía de Viveiro unha memoria pormenorizada do desenvolvemento do “Proxecto experimental de redución de residuos e compostaxe caseira” posto en marcha no 2013 polo colectivo de mulleres de San Andrés de Boimente dentro da súa campaña anual de sensibilización e concienciación medioambiental. Proxecto este que ten como fin contribuír á redución dos residuos xerados nas casas, transformando o lixo doméstico, resto de podas, céspede cortado e outros residuos agrícolas nun abono orgánico de gran calidade, seguro e rico en nutrientes para o solo e que se coñece como compost, ao mesmo tempo que se intenta concienciar ás socias e veciños da parroquia da necesidade de reducir o volume de residuos depositados nos contedores convencionais e sensibilizalas/os sobre os beneficios ambientais e económicos do emprego desta técnica de compostaxe caseira. 
 
Coa entrega desta memoria á Alcadía de Viveiro, a Directiva Fraga das Saímas, que comprobou a través do desenvolvemento deste proxecto experimental que a compostaxe caseira é unha práctica moi sinxela e viable na que pode participar todos os membros da familia e onde os beneficios e ventaxas son todas e as desventaxas non existen, quixo aproveitar para animar e propoñer á alcadía de Viveiro estender este Proxecto de Compostaxe Caseira ao resto das parroquias do municipio viveirense, de xeito que todas aquelas familias interesadas en reducir os residuos que xeneran nas súas casas e que van directamente aos contedores convencionais podan solicitar un composteiro familiar e aprender a facer bo uso del a través dun curso de compostaxe.
 
 Ao mesmo tempo a Directiva solicitoulle axuda á rexidora de Viveiro para dotar de composteiros ás veciñas que participaron neste proxecto e que a asociación non lles puido facilitar máis que a tres das catorce mestras composteiras debido a falta de colaboración que se lle solicitara a Sogama, negándose esta a facilitarlles ningún composteiro por tratarse a peticionaria, según esta empresa, dunha asociación e non dunha administración local. 

01 Abril 2014

PROGRAMA DE SAÚDE "SPAbílate Muller" +  

ARRANCA O CIRCUÍTO TERMAL DO PROGRAMA DE SAÚDE “SPAbílate MULLER” ORGANIZADO POLO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS” NO WELLNESS THALASSO CÁNTABRICO AS SIRENAS.
Doce das vinte participantes no programa de saúde  do colectivo feminino “Fraga das Saímas” SPAbílate Muller, déronse cita este domingo 2 de febreiro ás 11.30 h. no Wellness Thalasso Cántabrico As Sirenas.
 
Durante os meses de febreiro e marzo unha vintena de participantes neste programa terapéutico da asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” acudirán ao circuíto termal do Wellness Thalasso os venres á tarde  e os domingos á mañá onde disfrutarán ao longo  dunha hora e media do Circuíto Termal Thalassoterapia.
 
Este primeiro domingo de febreiro,  un grupo de doce mulleres,  amantes da saúde e da tranquilidade, inauguraron o programa de Fraga das SaímasSPAbílate Muller, acudindo á súa primeira cita coa Thalassoterapia, onde puideron relaxarse e gozar dun jacuzzi, unha piscina terapéutica con chorros, géiser e camas de hidromasaxe e onde disfrutaron tamén dunha zona de estufas, duha hamam (húmeda), dunha sauna seca, dos contrastes con auga fría e dos pediluvios, e completaron o circuito na zona de relax en tumbonas quentes.
 
As participantes neste 1º circuito termal Thalassoterapia remataron cansas pero contentas e satisfeitas logo de probar este método de terapia a base de tratamentos con auga mariña e felicitaronse por contar con estas instalacións no municipio, se ben aproveitaron tamén  para suxerirlle á dirección do Centro a necesidade de dotar dalgún elemento de seguridade (pasamáns...) o Jacuzzi  e a piscina terapéutica para mellorar a accesibilidade das persoas con problemas de equilibrio e dificultade de movementos.
 
A Directiva Fraga das Saímas aproveita para informarlles ás socias e veciños de Viveiro que só quedan 10 prazas libres para anotarse á viaxe programada por este colectivo para asistir como público, o venres 28 de febreiro, ao programa de LUAR da TVG. As persoas interesadas en acudir a este evento teñen que reservar a súa praza antes do luns 10 de febreiro, podendo facelo vía e-mail ou telefonicamente. 

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea