Septiembre 2013

26 Septiembre 2013

I XORNADAS MICOLÓXICAS E GASTRONÓMICAS DE COGOMELOS NO BUIO - FRAGA DAS SAÍMAS +  

A DIRECTIVA DO COLECTIVO DE MULLERES "FRAGA DAS SAÍMAS" ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS Iª XORNADAS MICOLÓXICA E GASTRONÓMICAS DE COGOMELOS NO BUIO.

A Directiva Fraga das Saímas informa a todas as súas socias, veciños e amigas do colectivo  que o prazo para matricularse nas Iª Xornadas Micolóxicas e Gastronómica de Setas no Buio está aberto desde o día de hoxe ata o 13 de outunto de 2013. Durante este periodo as persoas interesadas poderán inscribirse nestas xornadas chamando ao teléfono da Presidente, Flor Chao, 669 250 948.

O obxectivo destas I Xornadas Micolóxicas que se celebrarán o sábado, 26 de Outubro de 2013 na parroquia de Santo André de Boimente é dar a coñecer a riqueza micolóxica dos nosos montes xunto ao seu valor ambiental, económico e culinario a través da aprendizaxe das diferentes variedades de setas existentes nesta zona, da forma de recolectalas, seleccionalas e descubrir as súas posibilidades culinarias

O colectivo de mulleres da parroquia de Santo André de Boimente anima a todas as súas socias, amigas e veciños da parroquia e do término municipal de Viveiro a participar desta iniciativa formativa e de ocio, durante a cal as/os asistentes estarán en pleno contacto cunha natureza que non deixará de sorprendelas e durante o cal, ademais, descubrirán  auténtico pracer na degustación de novas texturas e sabores culinarios coas que os van a sorprender as diferentes variedades de cogumelos existentes na zona.

O colectivo Fraga das Saímas recomenda non esperar a o último día porque as prazas para poder asistir son limitadas. Así que só as 20 primeiras persoas que chamen terán unha praza nesta Iª Edición.

 

16 Septiembre 2013

FALLO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "imaxesRAPAcandaoso2013" 3  

A OBRA A LOITA”, DO SARRIANO JOSÉ  REGUEIRO  GARCÍA,  FOI A GAÑADORA INDISCUTIBLE DO PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “imaxesRAPAcandaoso2013”, ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “FRAGA DAS SAÍMAS”
 
O xurado do Concurso de Fotografía “imaxesRAPAcandaoso2013” que o colectivo de mulleres “Fraga das Saímas” convocara con motivo da celebración da “45ª Edición  Rapa das Bestas do Curro do Candaoso” , reuníuse no Centro Socio-Cultural De Santo André de Boimente este sábado para valorar os 22 traballos presentados por 11 fotógrafos/as que se atreveron a plasmar coas súas cámaras, a través da súa creatividade,  a beleza e os valores culturais, etnográficos e paisaxísticos que se desprenderon na celebración desta festa ancestral de maior arraigo do concello de Viveiro.
 
O xurado calificador estivo composto polas seguintes persoas:
- Flor Chao, Presidenta do colectivo Fraga das Saímas
- Óliver, profesional da Fotografía e propietario da empresa Foto Óliver, empresa con máis de 30 anos de experiencia no sector da Fotografia Profesional e de Aficionado.
- Josefina Casas, propietaria de tenda especializada en material de belas artes (CATÁ)

- David Rodriguez Casas, artista viveirense, graduado en Belas Artes e autor de numerosas obras premiadas en diferentes certames de Artes Plásticas e concursos fotográficos e de pintura.

 
- Xuxa e Adelina, vogais do colectivo Fraga das Saímas
Actuou como secretaria do xurado, con voz pero sen voto, Gloria R. LL.  secretaria da
Asociación de Mulleres Rurais Fraga das Saímas.
Dos 22 traballos, o xurado acordou descalificar dúas obras por non adecuarse ás bases do concurso e logo do estudo das restantes obras o xurado preseleccionou os 15 mellores traballos presentados ao concurso, co obxecto de que formen parte dunha exposición temporal, que poderá ser visitada no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente.
 
O xurado calificador, logo de rematado o proceso de preselección, procedeu a seleccionar  as obras finalistas e  as gañadoras do concurso, e que despois de máis de hora e media reunidos acordaron por unanimidade fallar o:
 
PRIMEIRO PREMIO.-  consistente en 250 € en metálico a JOSÉ REGUEIRO GARCÍA (Sarria), pola obra titulada “A Loita”.
 
“A Loita” logrou alzarse con este primeiro premio pola súa forza, expresividade e a plasmación da tensión do momento da loita entre o home e o animal que logra  atrapar de xeito imediato ao espectador. O autor consegue captar nunha soa instantánea os elementos esenciais desta festa ancestral cunha creatividade e orixinalidade inusual e que o  xurado valorou moi positivamente, sen olvidarse da gran calidade técnico-artística da obra.
 
SEGUNDO PREMIO.-  consistente en 120 € en metálico a JOSÉ LÓPEZ PÉREZ (Santiago de Compostela), pola serie fotográfica titulada “Rapa e Marcaxe 1_2_3_4”.
 
TERCEIRO PREMIO.-  consistente en 100 € en metálico a MARÍA ÁNGELES LAGO ÁLVAREZ (Asturias), pola serie fotográfica titulada “Y al final, todo es calma...”.
 
O xurado destacou destas dúas obras a  súa creatividade e calidade na execución, que fan visible a beleza e os valores culturais, etnográficos e paisaxísticos (que conforma a paraxe natural dos Montes do Buio e a Fraga das
Saímas)  que se desprenden durante a celebración desta festa tradicional e que incita aos viaxeiros/as a descobrir esta contorna natural e a gozar desta festa tradicional. Os autores destas obras lograron convencer ao xurado para facerse co 2º e 3º premio empregando a conxunción necesaria de tres elementos fundamentais: a súa creatividade e orixinalidade, a súa harmonía na composición das series e a súa calidade técnico-artística.
 
Os autores das obras fotográficas que gañaron os accésits dotados con 30 € cada un son:
1º Finalista: Francisco López López coa obra titulada “ Colección de selas”
2º Finalista: Germán Paleo Navarro, coa obra titulada “ Medíndose”
 
A entrega de diplomas, aos cinco gañadores deste certame fotográfico, xunto coa inauguración da exposición temporal dos 15 mellores traballos fotográficos, realizarase nun acto público no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente e cuxa data está pendente de concretar por parte do colectivo Fraga das Saímas pero que será comunicada coa suficiente antelación ás persoas premiadas, sócias, veciños e medios de comunicación.
 
A Directiva da AMMRR “Fraga das Saímas” quere expresar publicamente o seu agradecimento pola súa colaboración a todas aquelas institucións públicas,  medios de comunicación e asociacións que colaboraron na divulgación desta ilusionante iniciativa e dun xeito especial a todas aquelas persoas que participaron  neste certame fotográfico, así como ao profesional da fotografía  Oliver,  a Josefina Casas  (CATÁ) e ao artista David Rodríguez, que de forma desinteresada aceptaron formar parte do Xurado Calificador e que sen a súa axuda a resolución deste concurso non sería o mesmo.

16 Septiembre 2013

INAUGURACIÓN DAS CLASES DE INFORMÁTICA E INTRODUCIÓN Á INTERNET 4  

O COLECTIVO DE MULLERES FRAGA DAS SAÍMAS COMEZA O SEU PROGRAMA FORMATIVO 2013-2014 CO “CURSO DE INTRODUCION Á INFORMÁTICA E INTERNET”, UN DOS MÁIS DEMANDADOS POLAS SÚAS SOCIAS.

A Directiva do colectivo Fraga das Saímas, logo de salvar algún que outro problemas técnico  grazas á colaboración recibida por parte da concelleira responsable dos Centros Socioculturais do Concello de Viveiro, Isabel Rodríguez e a empresa adxudicataria da xestión da Rede de Telecentros, Intermax, ven de poñer en marcha o Curso de Introdución á informática e  Internet.

O Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente acolle con grande éxito ás catorce alumnas/os inscritas nas clases de Informática que están a ser impartidas pola Técnica especialista en informática de Xestión, Natalia González.

 As clases serán impartidas os luns e xoves de 16.00  ás 19.00 horas, durante o mes de setembro e os luns, no mesmo horario, a partir do mes de outubro.

A Directiva considera que é un grande êxito poder poñer en marcha este curso e así satisfacer as peticións continuas de moitas das súas socias e veciños durante os dous últimos anos e logo das reiteradas demandas presentadas por parte desta Directiva ás diferentes administracións locais para  dotar de conexión a internet á Aula informática – pertencente á rede de Telecentros- do Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente.

Outras actividades formativas do colectivo Fraga das Saímas, que se impartiran no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente  no último trimestre do 2013, son: o Taller de Manualides, que desenvolverá ao longo dos meses de outubro a decembro,  3ª Fase do Proxecto experimental de Compostaxe Caseira,  que terá lugar a comezos de outubro e as Iª Xornadas Micolóxicas, que se celebrarán o último sábado do mes de outubro.

 

 

 

09 Septiembre 2013

TURISTEANDO POR TERRAS LUCENSES. A PONTENOVA E RIBADEO 1  

TURISTEANDO POR TERRAS LUCENSES. A PONTENOVA E RIBADEO

 
A DIRECTIVA "FRAGA DAS SAÍMAS" ABRE O PRAZO PARA PARTICIPAR NA EDICIÓN 2013 DO PROGRAMA "TURISTEANDO POLAS TERRAS LUCENSES: A PONTENOVA E RIBADEO"
 
Na Pontenova:
visitaremos
- Os Fornos
- Santuario de Conforto
- Taller de Artesán de Navallas (José. Mª Rodil)
- Ruta de sendeirismo Vía Verde (6 km. dificultade: baixa) e ou paseo pola Pontenova
 
 
En Ribadeo :
pasearemos en Barco pola ría de Ribadeo-Asturias. Visitaremos: 
- O Mirador  O Cargadeiro
- A Illa Pancha...E se quedan folgos pasearemos pola Praza de España e o seu Casco histórico declarado Ben de Interese Cultural.
 
Se queredes compartir con nós o sábado 21 de setembro podedes apuntarvos antes do día 10 de setembro. Chamade ao teléfono 669250948 para reservar praza

 

09 Septiembre 2013

CURSO DE INFORMÁTICA E INTRODUCIÓN A INTERNET 3  

"FRAGA DAS SAÍMAS" ABRE O PRAZO PARA ANOTARSE AO CURSO DE INFORMÁTICA E INTERNET QUE COMEZARÁ A PARTIR DO LUNS, 9 DE SETEMBRO DE 2013.
 
A Directiva "Fraga das Saímas" comunica as súas socias, veciños e amigos do colectivo de mulleres de Santo André de Boimente que acaba de abrirse o prazo para matricularse no CURSO DE INTRODUCIÓN Á INFORMÁTICA E INTERNET. Esta edición comezará o luns 9 de setembro no Centro Socio Cultural de Santo André de Boimente e será impartido pola Técnica especialista en informática de Xestión,  Natalia González.
 
Queres poñerte ao día coas novas ferramentas informáticas? chama á Presidenta, Flor Chao, ao teléfono 669250948 e apúntate xa!

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea